Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 09 de xullo de 1997 Páx. 6.785

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (120/1994).

José Espinosa Lozano, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da L.H., seguidos neste xulgado co número 120/1994, promovidos polo procurador Losada Gómez, en nome e representación de Banco Hipotecario de España, contra José Manuel Puga Fernández e Emma Álvarez Peña, acordouse reproduci-la terceira poxa respecto do seguinte predio:

Urbano: piso vivenda sito na primeira planta alta do inmoble, denominado D, sito na vila do Carballiño, antiga estrada de Ourense a Pontevedra, hoxe avenida de conde de Vallellano. Ten ou seu acceso polo portal, escaleiras e ascensor. Destinarase a vivenda. Superficie útil, noventa metros cadrados. Linda: norte, voo de avenida de conde de Vallellano; sur, corredor planta e vivenda C; leste, vivenda C; e oeste, vivenda tipo E. Cota de participación, 3,30%.

Inscrita no Rexistro da Propiedade do Carballiño (Ourense), tomo 413, libro 90, folio 84, predio número 12.951 (hoxe 13.067). Inscrición segunda.

A poxa terá lugar o día tres de setembro ás dez horas, neste xulgado, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Que tódolos licitadores, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo da segunda poxa que foi a cantidade de 5.250.000 ptas.

2. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego cerrado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo

de que efectuou a consignación á que se refire a anterior condición.

3. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da L.H. están de manifesto en secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor continuarán subsistentes entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non ser atopado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5409