Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 09 de xullo de 1997 Páx. 6.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da estrada LU-221. Treito: Palas de Rei-Monterroso. Clave: N-LU-95.1.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, con data do 18 de marzo de 1997, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-221. Treito: Palas de Rei-Monterroso. Clave: N-LU-95.1.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 10 de abril de 1997 declárase de urxencia, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto son convocados os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Palas de Rei e Monterroso e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Lugar: Concello de Monterroso. O levantamento de actas será no salón da Casa do Concello de Monterroso.

Día: 21 de xullo de 1997, de 9.30 a 14 horas e do 16 a 19 horas. Expedientes 1 a 60 de Monterroso.

Día: 22 de xullo de 1997, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expediente 60 a 125 de Monterroso.

Lugar: Concello de Palas de Rei. O levantamento de actas será no salón da Casa do Concello de Palas de Rei.

Día: 23 de xullo de 1997, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes 1 a 55 de Palas de Rei.

Día: 24 de xullo de 1997, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes 55 a 106 de Palas de Rei.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o considerasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla nº 131, 27004-Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 1 de xullo de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

de Lugo

5458