Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de maio de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto da modificación puntual da aliñación fixada polas normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal de Arteixo promovido por Francisco García Lafuente, para a adaptación á realidade na rúa Fernando Casas Novoa (expediente 06/96.PMP).

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes.

Arteixo, 17 de xuño de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

4991