Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 27 de maio de 1997, adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar con carácter definitivo o proxecto de adecuación do ámbito da UA 69 redactado polo arquitecto do módulo de promoción e desenvolvemento deste concello, Santiago González García, que ten por obxecto adaptalo ás características topográficas do terreo e límites da propiedade.

2. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle da UA 69 coa adecuación do ámbito prevista no punto anterior, redactado polo arquitecto do módulo de promoción e desenvolvemento deste concello, Santiago González García, que ten por obxecto adaptar e reaxusta-las aliñacións e establecer rasantes nas vías que define o plan xeral, así como ordena-los volumes edificatorios correspondentes á unidade.

3. Determinar que os anteriores acordos lle poñen fin á vía administrativa que poden ser impugnados perante a xurisdicción contencioso-administrativa nos prazos e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 9 de xuño de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

5247