Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Advertido erro no orzamento do proxecto de mellora da iluminación publica da zona da Cidade Vella, e publicado anuncio de licitación no DOG con data 11 de xuño de 1997, outorgando un prazo para a presentación de ofertas, que remataba o día 7 de xullo de 1997, anúnciase a rectificación do mencinonado orzamento; ascende o correcto á cantidade de 16.356.354 pesetas (IVE incluído), rexen para o efecto as demais cláusulas do prego de cláusulas administrativas particulares e o resto do anuncio anteriormente publicado.

Outórgaselles ós licitadores un novo prazo de licitación de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Alcaldía-presidencia da cidade da Coruña, 25 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

4940