Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para a adquisición de equipos informáticos (expediente 18/1997) para este complexo hospitalario.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

* Expediente 18/1997.

1. Obxecto: adquisición de equipos informáticos.

2. Orzamento: 6.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinario.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, de 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

-Calidade: ata 5 puntos.

-Prezo: ata 5 puntos.

-Grao de implantación no sector: ata 3 puntos.

(O que se verificará, para o licitador adxudicatario).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36201 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarse pola mesa de contratación reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 6 de xuño de 1997.

José Manuel González Álvarez

Director xerente co Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

5064