Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da asistencia consistente no control de calidade das obras de construcción e urbanización de 50 vivendas en Sada. A Coruña. (Expediente C-97/020).

Obxecto: control de calidade da obra de construcción e urbanización de 50 vivendas en Sada. A Coruña.

Orzamento: catro millóns trescentas cincuenta e tres mil cincocentas trinta e catro (4.353.534) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: oitenta e sete mil setenta e unha (87.071) pesetas.

Garantía definitiva: cento setenta e catro mil cento corenta e unha (174.141) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

5065