Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para a adquisición de mobiliario clínico (expediente 21/1997); adquisición de mobiliario xeral (expediente 22/1997); adquisición de aparellos e dispositivos (expediente 23/1997), para este complexo hospitalario.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

* Expediente 21/1997.

1. Obxecto: adquisición de mobiliario clínico.

2. Orzamento: 12.716.000 ptas., IVE incluído.

* Expediente 22/1997.

1. Obxecto: adquisición de mobiliario xeral.

2. Orzamento: 3.616.000 ptas., IVE incluído.

* Expediente 23/1997.

1. Obxecto: adquisición de aparellos e dispositivos.

2. Orzamento: 25.561.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración (expedientes 21 e 22/1997). Só se admitirá unha variante por partida para o expediente 23/1997.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación.

A) 1. Calidade: ata 4 puntos.

2. Funcionalidade manexo: ata 4 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 1 puntos.

4. Servicio: ata 2 puntos.

5. Grao de implantación: ata 2 puntos.

B) Prezo: ata 10 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberánse presentar en man, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe dos anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 10 de xuño de 1997.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

5391