Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de caza 96/0094 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82, do 6-4), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

-Expediente: C-96/0094.

Denunciado: Javier Martínez Martínez.

DNI: 32.789.329.

Último enderezo coñecido: Federico Tapia, 13-6 D. A Coruña.

Feitos denunciados: non posuír permiso do couto e adestrar cans en época de veda.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2.1./48.2.24.

Cualificación: menos grave. Menos grave.

Sanción proposta: 3.5000 multa.

-Expediente: C-96/0112.

Denunciado: José M. Ceide Martínez.

DNI: 33.843.150.

Último enderezo coñecido: Trav. Igrexa, 15-3º O Temple-Cambre.

Feitos denunciados: non impedir que os seus cans vaguen sen control en TRCE, en época de veda.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2.24.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

-Expediente: C-96/0191.

Denunciado: José Bermúdez Espiñeira.

DNI: 32.204.028.

Último enderezo coñecido: Archer M. Huntington, 1. A Coruña.

Feitos denunciados: portar munición non autorizada e cazar nun couto sen permiso.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 46.2 i)/48.1.8.

Cualificación: moi grave. Grave.

Sanción proposta: 50.000 multa. 2 anos de inhabilitación.

-Expediente: C-96/0221.

Denunciado: José M. García Liñares.

DNI: 52.432.808.

Último enderezo coñecido: Sofán, 2. Carballo.

Feitos denunciados: portar munición non permitida.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 46.2.i).

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 multa, 2 anos inhabilitación.

5084