Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial 96/0345.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes na Coruña, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: P-96/0345.

Denunciado: Juan J. Vieites García.

DNI: 33.285.853.

Último enderezo coñecido: Valdexería, 33. Muros.

Feitos denunciados: pescar sen licencia nun tramo acoutado e posuír unha troita de tamaño menor có regulamentario.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.1/34.10/33.9.

Cualificación: menos grave. Menos grave. Leve.

Sanción proposta: 50.001 multa, 1.240 indemnización e inhabilitación 1 ano.

5083