Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza 96/0054/2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE. nº 82, do 6-4-1970), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE. nº 76, do 30-3-1971. Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da caixa de Aforros de Galicia na Coruña, OP, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 12 de xuño de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-96/0054/2.

Denunciado: Perfecto A. Varela Gende.

DNI: 78.781.457.

Último enderezo coñecido: Malvares, Rial. Val do Dubra.

Feito denunciado: cazar de noite desde un vehículo e axudándose dun proxector.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 46.1 c).

Cualificación: moi grave.

Sanción: 50.000 multa, 2 anos inhabilitación.

5082