Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.628

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997 pola que se ordena a publicación da relación de aspirantes aprobados con indicación da praza que lles corresponde no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por resolucións do 18 de maio e do 19 de xuño de 1995.

O apartado 7 da base oitava das resolucións do 18 de maio (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo dispón que, celebrado o acto de elección de destino, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes aprobados con indicación da praza que lles corresponde para os efectos de presenta-la documentación esixida nel.

Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia, nos diferentes anexos da presente resolución, da relación de aspirantes aprobados en cada unha das categorías incluídas no concurso-oposición convocado polas ditas resolucións do 18 de maio e do 19 de xuño de 1995, con excepción das categorías do grupo técnico da función administrativa e ATS/DUE.

Segundo.-Os aspirantes aprobados disporán dun prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da dita publicación para presenta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto na base segunda A) 5, anexo I, das ditas resolucións do 18 de maio e do 19 de xuño de 1995.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico en modelo oficial, acreditativo de non estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que o imposibiliten para o desempeño das funcións correspondentes á praza que vai desempeñar. Para os aspirantes que accedesen pola quenda de discapacitados deberán achegar a certificación acreditativa da correspondente minusvalidez.

e) Declaración xurada ou promesa de que non incorre en incompatibilidade consonte a lexislación vixente.

Terceiro.-De conformidade co establecido no apartado 8 da base oitava das resolucións de convocatoria, os aspirantes aprobados que tivesen a condición de persoal fixo, por calquer vínculo, ó servicio das administracións públicas ou dos Servicios de Saúde, estarán exentos de acredita-las condicións e requisitos xa xustificados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do organismo de que dependan acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal. En todo caso, achegarán os documentos a que fan referencia os parágrafos c) e d) do apartado anterior.

Cuarto.-A documentación dirixirase o director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e poderá presentarse en calquera dos seguintes lugares:

a) No rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en San Caetano, bloque 2, 2º, en Santiago de Compostela.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

d) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

e) Nos servicios de persoal das administracións dos centros de xestión de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Tamén poderá presentarse a dita documentación a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinto.-Os aspirantes que dentro do prazo fixado, e salvo casos de forza maior libremente apreciada pola autoridade convocante, non presentasen a documentación, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsedade.

Sexto.-Producíndose nas categorías que logo se relacionan exclusións de aspirantes que, ou ben non compareceron sen causa xustificada no acto de elección de destino definitivo ou ben que comparecendo, renunciaron expresamente a elixi-la praza perdendo, deste xeito, os dereitos derivados da súa superación do concurso-oposición; esta dirección xeral, en uso das facultades que lle outorga o apartado 6 da base sétima das resolucións de convocatoria do concurso-oposición, e nos termos previstos nela, procedeu a oferta-las prazas vacantes ós aspirantes que, tendo superada a fase de oposición, non foron seleccionados inicialmente no concurso-oposición en atención á orde de puntuación acadada, alterándose deste xeito a proposta inicial do respectivo tribunal.

A) Categoría de calefactor. Por renuncia expresa do aspirante Francisco José Fróiz García, declárase aprobado no concurso-oposición a Ángel Gabriel López Galego, DNI nº 32.651.787.

B) Categoría de celador. Por incomparecencia non xustificada ó acto de elección de destino definitivo decaen nos seus dereitos derivados da súa suspensión do concurso-oposición e resultan expresamente excluídos del os aspirantes José Juan Olivares Núñez, Mercedes García Casal, Mª Dolores Pintos Santiago e Mª Ángeles Pena Fernández, sendo substituídas polos aspirantes Eugenio Comesaña Vila, DNI nº 36.103.212, Xosé Andrés Guardado Piñeiro, DNI nº 35.305.248, Ana Mª González San Martín, DNI nº 52.470.132 e Mª Isabel Arcay Muñiz, DNI nº 32.762.168. A súa vez, producíndose expresamente a renuncia de Eugenio Comesaña Vila é substituído por Marta Mª Porta Pereira, DNI nº 32.647.867, declarándose a todos eles ter superado o concurso-oposición.

C) Categoría de pinche. Por incomparecencia non xustificada ó acto de elección de destino definitivo decaen nos seus dereitos derivados da súa superación do concurso-oposición e resultan expresamente excluídos del os aspirantes Mª del Carmen Pardo Rodríguez e Alicia Carballal Aguete, sendo substituídas polos aspirantes Mª del Carmen Sousa Ferreiro, DNI nº 32.444.204 e Alberto Penedo Pérez, DNI nº 76.413.123. Á súa vez, producíndose expresamente a renuncia de Alberto Penedo Pérez, é substituído por Mª del Mar Cabada Roca, DNI nº 32.752.853, declarándose a ámbalas dúas ter superado o concurso-oposición.

Sétimo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima das respectivas convocatorias.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

5161