Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.641

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 94/026 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6 do mencionado real decre

to, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 94/026, convocada por resolución con data do 1 de xuño de 1994 (BOE do 29 de xuño de 1994), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade

no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación.

A Coruña, 23 de xuño de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería hidráulica.

Praza nº: 94/026.-Comisión titular:

-Presidente. Sánchez Arcilla Conejo, Agustín. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.-Secretario: Fullama Serra, Vicente. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.-Vocais:

Revilla Cortezón, José Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Dolz Ripolles, José. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Losada Villasante, Alberto. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.-Comisión suplente:-Presidente: Baztan de Granda, José Antonio. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.-Secretario: Andreu Álvarez, Joaquín. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.-Vocais:

Roldán Cañas, José. Catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Burguera Cervero, Alfredo. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Suárez Bores, Pedro. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

5162