Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.616

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Grupo Cruzcampo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Grupo Cruzcampo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-5-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social pola delegada de persoal, o día 24-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta dele

gación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de xuño de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo afectarán a todo o persoal que preste os seus servicios na empresa Grupo Cruzcampo, S.A. no seu centro de traballo de Mos.

Queda exceptuado da aplicación do presente convenio o persoal que, por desempeñar funcións de mando ou pola natureza do seu traballo, acordase a súa retribución coa empresa á marxe das táboas salariais que figuran nel.

Quedan tamén exceptuados deste convenio aqueles axentes mediadores ou figuras análogas que manteñan unha relación mercantil ou laboral especial, recollida esta última no artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio estenderase desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1997.

Non obstante rexerá este convenio durante o período transitorio ata se asina-lo seguinte.

Entenderase prorrogado de ano en ano se ningunha das partes que o subscriben formulan denuncia un mes antes, como mínimo, de que conclúa a súa vixencia ou, se é o caso, calquera das súas prórrogas.

A denuncia deberana face-los representantes sociais ou económicos, comunicándollo á autoridade laboral e á outra parte.

Artigo 3º

Os efectos de aplicación do convenio e condicións pactadas nel forman un todo orgánico indivisible e será considerado globalmente.

Tódalas percepcións sinaladas no presente convenio se referirán á xornada completa. Os traballadores que presten os seus servicios durante un horario inferior ó da xornada normal percibirán os seus salarios e complementos salariais en proporción ó tempo traballado.

Artigo 4º.-Comisión mixta.

Para a interpretación deste convenio, e con carácter previo e ineludible ó inicio de calquera cuestión

litixiosa que se derive da referida interpretación ou cumprimento do presente convenio, e conforme o establecido nas normas vixentes, créase unha comisión paritaria que estará integrada por dous vocais, un como representante dos traballadores e un en representación da empresa.

Esta comisión estará integrada polos seguintes:

-En representación da sección social: Mª Fernanda Martínez Cordero.

-En representación da empresa: Juan Larzábal Goizueta.

Poderán asistir ás reunións da comisión paritaria, con voz e sen voto, asesores de ámbalas partes.

As reunións terán que ser obrigatoriamente celebradas dentro do prazo de quince días, cando o tivese solicitado calquera membro dunha das partes.

Capítulo II

Disposicións económicas

Artigo 5º.-Conceptos que integran a retribución.

As percepcións económicas dos traballadores que prestan os seus servicios na empresa afectada polo presente convenio estarán integradas polos seguinte conceptos.

1. Retribucións salariais.

1.1. Salario base.

1.2. Complementos salariais persoais:

1.2.2. Plus de antigüidade.

1.2.2. Condicións ou compensacións persoais.

1.2.3. Plus variable.

1.2.4. Plus categoría.

1.3. Complemento por calidade ou cantidade de traballo:

1.3.3. Horas extraordinarias.

1.3.2. Traballos festivos.

1.3.3. Horas extraordinarias e nocturnas.

1.3.4. Plus prolongación de xornada.

1.3.5. Plus convenio.

1.3.6. Prima de rendemento.

1.3.7. Prima de productividade.

1.4. Plus de nocturnidade.

1.5. Pagas extraordinarias.

1.5.1. Pagas extraordinarias regulamentarias.

1.5.2. Pagas extraordinarias especiais.

2. Percepcións non salariais.

2.2. Axuda ó transporte.

1. Retribucións salariais.

1.1. Salario base:

Enténdese por tal o que para cada categoría profesional se determina na columna correspondente do anexo I do presente convenio.

Durante a vixencia do presente convenio garantirase como mínimo en todo momento o salario mínimo interprofesional na columna de salario base.

No caso de variacións do salario mínimo interprofesional, se a cantidade fixada como salario base fose inferior á do novo salario mínimo interprofesional, a dita diferencia transvasarase do plus de categoría para garantir en todo momento o salario mínimo interprofesional na columna do salario base.

1.2. Complementos salariais persoais:

1.2.2. Plus de antigüidade:

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán dun complemento persoal do salario base da forma e contía seguintes:

Bienios do 5% cada un, en razón da súa antigüidade desde a data da súa entrada na empresa, cun tope máximo de doce bienios, equivalente ó 60%. Estas porcentaxes iranse sumando e aplicaranse sobre o salario base que en cada momento corresponda á categoría profesional do traballador de acordo coa columna correspondente que figura no anexo I.

1.2.2. Condicións ou compensacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter de cómputo anual, exceden das establecidas neste convenio, manténdose estrictamente ad personam.

1.2.3. Plus variable.

A súa contía concrétase no anexo II do presente convenio.

1.2.4. Plus categoría.

A súa contía concrétase no anexo I do presente convenio.

1.3. Complemento por calidade ou cantidade de traballo.

1.3.1. Horas extraordinarias.

Considéranse horas extraordinarias as que excedan en cada xornada das sinaladas para a prestación da xornada establecida no presente convenio.

O número de horas extraordinarias no poderá ser superior a oitenta ó ano.

Non se terán en conta para efectos da duración máxima de xornada ordinaria laboral, nin para cómputo de horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

Para o cálculo do valor de cada hora extraordinaria aplicarase a seguinte fórmula:

Salario base+Plus convenio x 1,75-------------------------------------------------

1.800 horas traballo

1.3.2. Traballos festivos.

As horas extraordinarias correspondentes a domingos e festivos pagaranse de acordo co seguinte cálculo:

Salario base+Plus convenio---------------------------------------------x2,25

1.800 horas traballo

Cando na xornada se establecese traballar de luns a venres, as horas extraordinarias que se realicen en sábado consideraranse como festivas.

1.3.3. Horas extraordinarais nocturnas.

As horas extraordinarias traballadas entre as 22 horas e as 6 da mañá serán consideradas como nocturnas; a fórmula para o cálculo do seu valor será a mesma que a de horas extraordinarias festivas.

Remitiráselle ó comité de empresa o parte mensual de horas extraordinarias.

1.3.4. Plus prolongación xornada.

Considérase como prolongación de xornada a que realiza o Servicio de Asistencia Técnica por prestación de servicio fóra das horas de traballo habituais.

A cantidade estipulada para o dito plus será a seguinte:

Ano 1997: 878 ptas. diarias.

1.3.5. Plus convenio.

Durante o ano 1997 queda establecida para todo o persoal un plus convenio de 2.705 ptas. por cada día efectivamente traballado. Tamén se cobrará este plus durante os días laborables correspondentes ás vacacións.

Quedan excluídos do cobramento deste plus aqueles empregados que, realizando a función de prevenda, perciban comisións por ela.

1.3.6. Prima de rendemento.

A prima de rendemento percibirase polos días efectivamente asistidos ó traballo dos hábiles establecidos no calendario laboral.

A súa contía para o ano 1997 concrétase no anexo I.

1.3.7. Prima de productividade.

Establécese a título experimental unha prima de productividade baseada no incremento dos índices de hectólitros/persoa tomando como referencia os valores obtidos en 1995. En todo caso garántese un mínimo de 32.116 pesetas para o auxiliar 2ª obreiro. Para as restantes categorías laborais aplicaranse os coeficientes da ordenanza laboral da industria cervexeira, incrementándose as cantidades anteriores obtidas, ten

do como base o auxiliar 2ª obreiro, nun 5% bianual de antigüidade no cadro de persoal o 31 de decembro e cun tope de 12 bienios.

Para os diferentes incrementos da productividade establécese o seguinte cadro de valores sobre os cales se rexerá a aplicación da prima sobre a base do auxiliar 2ª obreiro.

Incremento

productividade

HL/persoa

Ptas./prima

Garantido

Incremento

prima/ptas.

Total ptas.

prima

032.116032.116
1-5032.11693633.052
51-10032.1161.87233.988
101-15032.1162.80834.924
151-20032.1163.74435.860
201-25032.1164.68036.796
251-30032.1165.61637.732
301-35032.1166.55238.668
351-40032.1167.48839.604
401-45032.1168.42440.540
451-50032.1169.36041.476
501-55032.11610.29642.412
551-60032.11611.23243.348

A prima calcúlase mediante a expresión seguinte:

hectólitros envasados--------------------------------------------------------

nº de persoas período acumulado ano fábrica

Enténdese por número de persoas fábrica o comprendido nas direccións de cervexería, envasado, enxeñería, xestión de calidade, administración, persoal, expedicións, estructura e compras e almacén xeral.

As modificacións organizativas que puidesen representar cambio de dependencia das persoas dalgunha das direccións anteriormente citadas non se terán en conta para efectos de cálculo da fórmula de productividade.

O importe da prima verase corrixido en función das ausencias por enfermidade de acordo coa seguinte fórmula:

Importe total prima x días laborables/ano menos días de ausencias por enfermidade ano

Días laborables anuais

A prima devengarase no mes de xaneiro de 1998.

1.4. Plus de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido durante as 22 horas e as 6 da mañá terán un incremento sobre a súa retribución ordinaria do 30%, é dicir, sobre o salario base e o plus de convenio.

Quen no período indicado traballe por tempo inferior ou igual a 4 horas percibirá este plus unicamente sobre as horas traballadas.

Se o tempo traballado comprendido entre as 22 horas e as 6 da mañá excedese de 4 horas, percibirao por todo o total da xornada.

1.5. Pagas extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán das pagas extraordinarias seguintes:

1.5.5. Pagas extraordinarias regulamentarias.

Estas aboaranse na primeira quincena de xullo e decembro, con importe para cada unha delas dunha mensualidade para o persoal con retribución mensual e de trinta días para o persoal que teña asignado xornal diario.

O dito importe inclúe os conceptos de salario base, antigüidade, plus categoría e plus variable.

1.5.2. Pagas extraordinarias especiais.

Estas aboaranse en marzo e outubro. O devengo destas pagas efectuarase nas primeiras quincenas dos meses respectivos para o persoal con retribución mensual, dunha mensualidade e de trinta días para o persoal que teña asignado xornal diario.

Os conceptos salariais que integran estas pagas serán os mesmos que os das pagas extraordinarias regulamentarias.

Para ter dereito a percibi-lo importe destas pagas extraordinarias será necesario estar ó servicio da empresa con doce meses de anticipación consecutivos na data de facerse efectivas cada unha delas. No caso contrario, serán aboadas por doceavas partes computándose como meses completos as fraccións residuais inferiores a trinta días.

2. Percepcións non salariais.

2.2. Axuda ó transporte.

Establécese unha axuda ó transporte de 322 ptas. durante 1997 para tódalas categorías laborais por cada día efectivamente traballado, con independencia da duración da xornada.

Artigo 6º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan efectuar comida ou pasa-la noite no seu domicilio, percibirán desde o 1 de marzo de 1997 as seguintes cantidades:

XantarCea

Delegados e xefes 2ª2.5081.918

Inspectores vendas2.1001.880

Choferes e mecánicos1.5791.413

Para tódalas categorías a empresa aboará ata 5.602 ptas./día por concepto de aloxamento e almorzo, logo de presentación da factura correspondente.

Anualmente procederase á revisión destas axudas de custo.

Artigo 7º.-Quilometraxe en vehículo propio.

O seu importe calcularase segundo a seguinte fórmula:

Valor combustible gasolina súper x0,27 = pesetas/quilómetro.

Trimestralmente farase unha revisión do importe obtido na anterior fórmula.

Artigo 8º.-Traballo de categoría laboral superior.

O traballador que durante catro meses continuos, ou oito descontinuos, dentro de dous anos realice traballos de superior categoría será ascendido automaticamente á dita categoría.

Exceptúase do disposto anteriormente, se a realización do dito traballo de categoría superior se debese a incapacidade laboral transitoria do titular; neste caso só se terá dereito ó cobramento da diferencia do salario e sempre que o substituído se incorpore ó seu anterior posto de traballo.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral efectuarase de luns a venres, con 40 horas de presencia, 38,75 horas de traballo efectivo e 15 minutos diarios de descanso.

Artigo 10º.-Exclusións da xornada normal de traballo.

1. No caso dos traballadores que teñan como actividade a de pór en marcha ou pecha-lo traballo dos demais, aplicarase o disposto nas disposicións vixentes sobre xornada.

2. Os inspectores comerciais (venda e reparto), en canto estean adscritos a estes servicios, quedarán exceptuados do réxime de xornada normal, en virtude das compensacións económicas pactadas coa empresa e denominadas comisións e premios por cumprimento de obxectivos co que, entre outros conceptos, se compensan as características propias dos servicios desta categoría.

Artigo 11º.-Vacacións.

A) Dereito a vacacións.

Tódolos traballadores, sen distinción de grupo ou categoría profesional terán dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuídas de vintetrés días laborables.

Para adquiri-lo dereito de desfrute deberá terse traballado durante un ano na empresa. En caso contrario, desfrutarase en proporción ó tempo traballado. A incapacidade laboral transitoria non privará do dereito ó desfrute das vacacións, salvo que caducase por transcurso do ano.

Os traballadores terán dereito ó desfrute de cinco días de permiso anuais con cargo ás súas vacacións

para realizaren xestións particulares, condicionándose a súa concesión ós seguintes requisitos:

1. Solicitar coa anticipación de corenta e oito horas, polo menos, expresando a súa causa. A dirección poderá esixi-la xustificación do motivo alegado.

2. Que non exista coincidencia de solicitudes nunha mesma unidade que obrigue a empresa á contratación de persoal para cubri-las ausencias ou á realización de horas extraordinarias.

No non previsto no presente apartado aplicarase o disposto polo Estatuto dos traballadores.

B) Bolsa de vacacións.

En concepto de bolsa de vacacións aboaranse 15.000 ptas. a quen as desfrute na súa totalidade fóra dos meses de xuño a setembro, ambos inclusive. Salvo acordo en contrario o pagamento efectuarase ó inicia-las vacacións.

Artigo 12º.-Licencias con soldo.

A empresa concederalles licencias con soldo ós seus traballadores nos casos seguintes e coa duración que se indica:

A) 18 días naturais en caso de matrimonio do traballador.

B) 3 días por nacemento dun fillo; se concorrese enfermidade grave de cónxuxe ou fillo nacido elevarase a 6 días.

C) 2 días por defunción de pais ou pais políticos.

D) 2 días por defunción de avós, netos, irmáns, irmáns políticos, avós políticos e fillos políticos.

1 día por defunción de tío, tío político ou sobriño.

E) 4 días por defunción de cónxuxe ou fillos do traballador.

F) 2 días por traslado de domicilio habitual.

G) 3 días por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de cónxuxe, fillos ou pais.

H) 2 días por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de netos ou irmáns.

1 día por operación cirúrxica maior ou enfermidade grave de pais políticos, irmáns políticos e fillos políticos.

I) 1 día por matrimonio de pais, fillos, irmáns ou irmáns políticos do traballador.

J) No caso de falecemento do cónxuxe do traballador con fillo/s menores de idade, poderá desfrutar dunha licencia de ata 30 días naturais de permiso con reserva do posto de traballo e axuda de metade de salario, contado desde a data do falecemento.

K) Polo tempo indispensable cando os traballadores teñan que atender algún asunto de carácter público, imposto pola lei ou disposición administrativa.

L) Polo tempo necesario nos casos de asistencia do traballador a consulta dos médicos de cabeceira ou especialistas da Seguridade Social cando coincida o horario de consulta co de traballo, debendo pre

senta-lo xustificante de asistencia ó médico de cabeceira e volante xustificativo para asistencia ó médico especialista, se é o caso.

M) Cando un traballador se vexa na necesidade de acudir dentro da localidade ós servicios da medicina privada, sempre que estes servicios non estean cubertos pola Seguridade Social, a empresa considerará esta situación como licencia retribuída polo tempo necesario.

Así mesmo, recoñecerase a paternidade ou maternidade do feito suficientemente documentado, haxa ou non vínculo matrimonial.

Para cómputo de xornada anual estas licencias computaranse como tempo de traballo.

O desfrute dos anteriores permisos entenderase con dereito a percibi-las retribucións correspondentes ós conceptos de salario base, complemento de antigüidade, plus categoría e plus variable.

En todo caso enténdese que os días ós que se fai referencia neste artigo son días naturais. Se a provincia en que suceden os feitos que dan orixe ás licencias anteriormente mencionadas non fose a mesma onde reside habitualmente o productor, os prazos anteriores poderanse ampliar ata tres días máis en cada caso.

O traballador estará obrigado a presentar documentos ou xustificantes legais ou médicos que acrediten a existencia das circunstancias alegadas para a obtención das anteriores licencias.

Capítulo III

Ingresos, vacantes e ascensos

Artigo 13º.-Ingresos.

Para ingresar na empresa será necesario, á parte do que se dispón nas leis vixentes en materia de contratación, cumpri-los seguintes requisitos:

A) Solicita-lo ingreso mediante formulario establecido ó respecto

B) Someterse a exame médico e probas psicotécnicas ou profesionais que a empresa considere convenientes, de acordo coa categoría e clase de traballo que se vaia desempeñar.

C) Presenta-los documentos requiridos pola empresa, unha vez superadas satisfactoriamente tódalas probas.

Para aquelas categorías ou postos que se cubran con persoal de novo ingreso, e sempre que se cumpran as esixencias legais e os requisitos necesarios, terán preferencia en igualdade de condicións de aptitude os fillos do persoal en activo, xubilado ou falecido.

O/Os delegados de persoal serán informados dos ingresos que se vaian producir.

Artigo 14º.-Ascensos.

1) Os postos vacantes por calquera causa e os de nova creación que se produzan na empresa cubriranse do seguinte xeito:

1.1. Por libre designación absoluta da dirección da empresa: cargos representativos ou de mando (excepto

os indicados no apartado 1.2. deste mesmo artigo), así como subalternos, secretarios, caixeiros e apoderados.

1.2. Por libre designación da dirección dentro do persoal da empresa: xefes de 1ª técnicos, administrativos e comercial, xefe de 2ª técnicos, administrativos e comercial e inspectores comerciais.

1.3. As vacantes existentes nas categorías laborais non mencionadas neste artigo serán provistas mediante proba de aptitude, á que poderán concorrer tódolos productores fixos da empresa.

2. Se as vacantes relativas a tódalas categorías e postos de traballo numerados neste artigo non se cubrisen, a dirección poderá decidir convocalas entre persoas alleas á empresa.

Artigo 15º.-Axudas para fillos minusválidos.

Establécese unha axuda de 14.000 ptas. mensuais para cada fillo minusválido ou diminuído fisicamente.

Para a percepción desta axuda será preciso presenta-los xustificantes necesarios do percibo da pensión correspondente á Seguridade Social.

Artigo 16º.-Préstamos.

O persoal fixo poderá solicitar préstamos cando concorran circunstancias de especial necesidade que deberán ser probadas cando así o esixa a dirección, contestanto esta dentro do prazo dun mes a partir da data de solicitude.

Para a súa concesión será preceptivo o informe previo do/dos delegados de persoal.

Os ditos préstamos estarán regulados segundo as seguintes normas:

1. Fondo para préstamos: 1.000.000 de ptas.

2. O xuro do préstamo será o legalmente establecido polo Banco de España no momento da súa concesión.

3. O prazo máximo de devolución do préstamo será dun ano ano natural a partir da súa concesión e fraccionarase entre as mensualidades e pagas extras comprendidas dentro do dito ano.

4. Establécese un límite máximo de 200.000 ptas. por persoa.

Artigo 17º.-Axuda incapacidade transitoria.

A) Os productores que causen baixa por enfermidade, logo de xustificación desta, expedida polo facultativo que o asista e co visto e prace do médico da empresa, terá garantido desde o primeiro día o 100% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT e que na alínea C) se enumeran, sempre que o absentismo producido na empresa por enfermidade, desde o 1 de xaneiro ata o final do mes anterior ó de producirse a baixa, non exceda do 2,5%, mentres lle corresponda percibi-la indemnización económica por enfermidade.

No caso de que o absentismo producido sexa superior ó 2,5% terá garantido desde o primeiro día o 90% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT, mentres lle corresponda percibi-la indemnización económica por enfermidade.

B) No caso de incapacidade transitoria por accidente de traballo, a empresa garantiralle ó traballador o 100% dos conceptos que compoñen o cálculo para axuda por IT, mentres lle corresponda indemnización por accidente de traballo.

No caso de baixa por IT durante o período de vacacións anuais, o traballador percibirá o importe que lle aboe a Seguridade Social por este concepto á empresa, exclusivamente durante os días comprendidos no período vacacional.

C) Conceptos salariais que computarán para o cálculo de axuda en IT:

Salario base, antigüidade, plus categoría, plus variable, plus convenio, plus quenda total e plus prolongación de xornada.

Artigo 18º.-Premios por anos de servicio.

Ó persoal que ó cumprir 20, 25, 30, 35 e 40 anos de servicios ininterrompidos á empresa a partir do 1 de xaneiro de 1997 concederáselle un premio que se aboará no mesmo mes que cumpra os anos de servicio, coa seguinte contía:

A) Ós 20 anos de servicio: 75.000 ptas.

B) Ós 25 anos de servicio: 85.000 ptas.

C) Ós 30 anos de servicio: 100.000 ptas.

D) Ós 35 anos de servicio: 100.000 ptas.

E) Ós 40 anos de servicio: 100.000 ptas.

Artigo 19º.-Axuda para gastos por falecemento.

No caso de falecemento dun traballador, independentemente da liquidación de haberes que corresponda legalmente a sus habentes dereito, a empresa aboaralles a estes unha axuda para gastos de enterramento de 75.000 ptas.

Considéranse habentes dereito, para efectos de percibi-la axuda que se establece, as seguintes persoas e na seguinte orde: viúva, descendentes matrimoniais

e extramatrimoniais, xa sexan naturais ou adoptivos, irmáns e ascendentes en primeiro grao.

Esta percepcións substitúe as que houbese establecidas por este concepto por disposición legal.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

1. Ós traballadores das seccións onde exista humidade e temperaturas extremas proporcionaráselles calzado e roupa adecuada ás súas condicións de traballo, nas diferentes estacións climatolóxicas do ano.

2. Ós demais traballadores fixos forneceránselles dúas fundas ó ano. Ós traballadores con contrato temporal forneceráselles equipamento adecuado para as funcións que realicen, en función do tempo de alta na empresa.

3. A empresa facilitaralle dous uniformes, un de inverno e outro de verán, cada dous anos, ó persoal de merchandising e mecánicos de grupos.

Artigo 21º.-Servicio militar.

Durante a permanencia no servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias regulamentarias establecidas no presente convenio.

Capítulo V

Acción sindical

Artigo 22º.-Delegados de persoal.

En todo o referente a funcións, garantías, etc. do/dos delegados de persoal aplicarase o disposto pola lexislación vixente.

Disposición derradeira

En todos aqueles aspectos non determinados concretamente no presente convenio, que se aplicará nos seus propios termos, observarase o disposto nas normas legais de carácter xeral e na ordenanza laboral da industria cervexeira, que se manterá na súa plena vixencia, en todas aquelas materias que non se opoñan ó estipulado no convenio ou que non fosen derrogadas por el.

ANEXO I

Esc.CategoríaPtas./mes

Salario

base

Ptas./día

prima

Rendto.

Ptas. mes/día

plus

categoría

H. extra

normal

H. extra

festivo

2,50TGS197.6301.13642.2673.7214.784
2,20TGM174.3971.00040.7353.3604.320
1,90Xefe 1ª151.163 86439.2032.9983.855
1,65Xefe 2ª131.797 76033.3802.6973.468
1,50Oficial 1ª, A-T-C120.195 76025.7192.5173.236
1,30Oficial 2ª, A-T-C104.696 65624.6972.2762.926
1,10Auxiliar, A-T-C 89.198 60823.6752.0342.616
1,65Insp. Com. 1ª131.797 75226.4842.6973.468

Esc.CategoríaPtas./mes

Salario

base

Ptas./día

prima

Rendto.

Ptas. mes/día

plus

categoría

H. extra

normal

H. extra

festivo

1,40Insp. Com. 2ª112.431 64025.2072.3963.080
1,30Sub. Xefe Eq.104.696 65630.6742.2762.926
1,20Subalterno 1ª 96.961 62424.1872.1552.771
1,10Subalterno 2ª 89.198 60823.6752.0342.616
1,50Oficial 1ª Eq. 3.965 688 1.0462.5203.241
1,30Oficial 1ª3453,90 592814,742.2792.930
1,20Oficial 2ª3198,73 544797,922.1582.775
1,10Axudante2942,61 504781,032.0372.619
1,05Auxiliar 1ª2815,03 480772,621.9772.542
1,00Auxiliar 2ª2687,44 456764,211.9172.464

ANEXO II

Plus variable

CategoríasAntigüidade

0%5%10%15%20%25%30%35%40%45%50%55%60%

TG superior45.83647.42949.01850.61252.20553.77555.33756.88858.46360.03861.62763.22164.815
TG medio40.97642.37143.76045.16146.54747.92349.28350.64652.02353.40154.78756.18457.575
Xefe 1ª36.47537.67738.88540.08441.28842.47243.65344.82846.01947.20648.40649.86250.816
Xefe 2ª31.32232.36633.41234.45535.49636.52937.55138.57339.60540.63441.67942.72343.772
Oficial 1ª, A-T-C28.30429.25430.20131.14632.09833.03633.96034.89235.82436.76437.71738.66439.608
Oficial 2ª, A-T-C25.14425.96126.78627.61128.43029.24630.04630.85131.66332.44733.29934.11534.944
Auxiliar, A-T-C23.07523.56124.04924.74325.43726.12726.80227.48328.17428.85229.55730.24930.944
Insp. Cial. 1ª30.67731.71832.76533.80634.88535.87936.90337.92138.95939.99141.03042.07643.120
Insp. Cial. 2ª26.75527.63228.52729.40830.30431.17232.03732.88933.77934.65235.53736.42837.310
Subalt. X. Eq.23.02123.88624.74025.59826.45527.30428.13928.98429.82530.67131.52832.38733.245
Subalt. 1ª20.73821.55022.36423.17423.98124.78925.58126.37527.00027.98328.79029.60830.422
Subalt. 2ª19.41820.14520.87321.60022.32623.04523.76024.49025.19225.91026.64227.36528.095
Ofic. 1ª X.Eq.8598939279609941.0281.0601.0941.1271.1601.1941.2341.261
Ofic. 1ª741,20770,40799,82829,11858,53887,70916,16945,01974,081002,981032,571061,791091,36
Ofic. 2ª687,12714,14741,33768,15794,99821,89848,12874,56901,14927,96954,93981,871008,87
Axudante643,67667,77692,09716,26740,46764,54793,06811,60835,45859,65883,67907,82931,99
Auxiliar 1ª617,67640,68663,56686,60709,51732,20754,56777,20799,79822,71845,49868,35891,41
Auxiliar 2ª613,21628,97644,71666,38688,13709,41730,49751,82773,27794,65816,37837,97859,57

ANEXO III

Cadro de horario

-Persoal de administración:

De luns a venres: de 8 a 13 e de 15 a 18.

-Persoal de almacén e carretilleiros:

Quenda (a): de luns a venres de 6 a 14 horas.

Quenda (b): de luns a venres de 14 a 22 horas.

Quenda (c): de luns a venres de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

-Persoal de grupos:

De luns a venres de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

5025