Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

CONVOCATORIA.

No BOP da Coruña, do día 19 de xuño de 1997, publicáronse as bases para a contratación laboral indefinida dun posto de traballo de peón de limpeza e reparacións. Nivel de titulación esixido: certificado de escolaridade ou equivalente.

As instancias nas que se solicita tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, debendo achegar a estas xustificantes

do ingreso da cantidade de 1.000 ptas. en concepto de dereitos de exame.

Mugardos, 23 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

5368