Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, con data do 25 de abril de 1997, a modificación puntual da norma, no ámbito de Verín-Coiro, promovida polo propio concello e consistente no cambio de cualificación urbanística de dúas parcelas de 7.077 m e 3.000 m variando a clasificación actual de SNUM (solo non urbanizable de núcleo rural), pola de EO (equipamento comunitario de carácter público sen

especificar), sométese a información pública por un período dun mes, para efectos de reclamacións, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, de conformidade co estipulado polo artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cangas, 4 de xuño de 1997.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

5253