Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

De conformidade co sinalado no artigo 41 da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e de conformidade co acordo do Concello Pleno, adoptado en sesión con data do 30 de maio, mediante o presente anuncio efectúase a exposición pública do avance do plan especial de protección e reforma interior (PEPRI) da zona vella de Cangas polo prazo dun mes, que comezará a computar a partir da inserción deste mesmo anuncio no DOG co obxecto de que durante o dito prazo as entidades e particulares interesados suxiran o que coiden oportuno e presenten as propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Cangas, 3 de xuño de 1997.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

4883