Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

EDICTO sobre delimitación poligonal (P-12).

Por resolución da alcaldía nº 1222/1997, do 23 de xuño, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de delimitación poligonal, polígono-12, que se reflicte en documento gráfico anexo.

En cumprimento do devandito acordo e de conformidade cos artigos 121 e 102, LSG, sométese á información pública o expediente polo termo de 20 días hábiles, prazo no que poderá ser examinado na secretaría xeral do concello, xunto co expediente que se instrúe para o efecto, por cantas persoas poidan considerarse afectadas e formula-las alegacións que consideren pertinentes.

No referido expediente determínase, asemade, como sistema de actuación o de compensación (artigos 125 e 126, LSG).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Noia, 24 de xuño de 1997.

Mª Carmen Abeijón García

Alcaldesa-presidenta

4844