Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/90-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.

Enderezo social: apartado 6, 36080 Silleda.

Denominación: L.M.T., 2 CC.TT e R.B.T. San Bartolomé e Narcellas.

Situación: Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 575 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o C.T. de Valiñaxemia ata os CC.TT. que se proxectan en San Bartolomé e Narcellas, concello de Forcarei. C.T. de 25 kVA, en San Bartolomé e C.T. de 25 kVA en Narcelllas, relación de transformación 20 kV-220/380 V. R.B.T., aérea, de 635 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 9 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5042