Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se outorgan os permisos de investigación Ferrachín número 4737, Milagros número 4736, Isabel número 4754 e Esperanza número 4766.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense dá a coñecer que, por resolución desta delegación provincial, se outorgan os permisos de investigación seguintes con expresión do nome, número, cuadrículas mineiras, recurso, termos municipais e data de resolución.

Ferrachín: 4737; 90; sección C; Beade, Carballeda de Avia y Leiro; 24-10-1996.

Milagros: 4736;7; sección C; Cenlle; 13-11-1996.

Isabel: 4754; 4; sección C; Carballeda de Valdeorras; 13-3-1997.

Esperanza: 4766; 2; sección C; Carballeda de Valdeorras; 3-7-1996.

O que se fai público para o seu coñecemento e cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Ourense, 4 xuño de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5040