Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/82-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Gres.

Enderezo social: Gres, 36582 Vila de Cruces.

Denominación: R.B.T. Cira-Canogrande.

Situación: Vila de Cruces.

Descricións técnicas: R.B.T., aérea, sobre apoios de formigón e conductor tipo R.Z., en Cira-Fucarelos de 1.840 m de lonxitude, e Cira-Sobrado de 833 m de lonxitude. Concello de Vila de Cruces.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4990