Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 94/199-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Gravas y Áridos de Xinzo, S.A.

Enderezo social: Xinzo, 36891 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. Confurco-Xinxo.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 494 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, desde o apoio final da L.M.T. que alimenta ó C.T. da canteira de David Fernández Grande, S.A., ata o C.T. propiedade da empresa Gravas e Áridos de Xinzo, S.A., en Confurco-Xinzo, concello de Ponteareas.

Cumpridos o trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 20 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4931