Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Industrias Pardiñas, S.A., Fazouro, Foz.
Finalidade: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en industria cerámica.
Localización: Fazouro, Foz.
Características: anteproxecto da central coxeración, motorxerador 3.160 kW-3.750 kVA, 6 kV; C.T. 3.750 kVA, 20/6 kV; combustible gasóleo/fuel oil.
Orzamento: 297.967.500 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rua Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.
Lugo, 19 de maio de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5039