Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/89-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Dozón.

Enderezo social: 36581 Dozón.

Denominación: L.M.T., C.T e R.B.T. estación de bombeo augas.

Situación: Dozón.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, desde o apoio 5 da L.M.T. ó C.T. Edreira ata o apoio 16 da liña proxectada desde onde se convirte en subterránea ata o C.T. existente de depurada, e desde o apoio 8 da liña proxectada ó C.T. que se proxecta en estación de bombeo, concello de Dozón, sendo o tramo aéreo de 2,176 km de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoiso de formigón, de 0,07 km de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, na estación de bombeo. R.B.T., aérea, de 0,03 km de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de xuño de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5086