Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.561

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, do tribunal que xulga o concurso-oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, pola que se fai público o acordo relativo á baremación da fase de concurso.

O apartado 23 da base sexta B) da Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo, dispón que, realizada polos tribunais a baremación correspondente á fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no apartado de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Xa que logo, o tribunal da categoría ATS/DUE ten rematada a dita baremación, procede a publicación do dito anuncio, e en consecuencia,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-la puntuación obtida polos aspirantes da devandita categoría relativa á baremación da fase de concurso, no apartado de experiencia e no de formación, así como a súa valoración total.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación perante o propio tribunal contra baremación.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1997.

Jaime Torres Rey

Presidente do tribunal

3235