Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Alpinatour, sita na rúa Gran Vía, 78-baixo de Vigo (Pontevedra).

Visto o expediente instruído por instancia de Mª Nieves Folgueiras García, na súa calidade de con

selleira delegada da entidade mercantil Viajes Alpinatour, S.A.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Vigo (Pontevedra), na rúa Gran Vía, 78-baixo, da axencia de viaxes Viajes Alpinatour, do grupo retallista, co código identificativo CIC MA 570, que ten a súa casa central en San Sebastián de los Reyes (Madrid), na Avda. de Madrid, local 15 do predio nº 50.

Ó resultar que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Ó resultar que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Ó considerar que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Alpinatour, sita en San Sebastián de los Reyes (Madrid), na Avda. de Madrid, local 15 do predio nº 50, do que é titular a entidade mercantil Viajes Alpinatour, S.A.L., a apertura dun novo establecemento na rúa Gran Vía, 78-baixo en Vigo (Pontevedra), que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

4962