Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.545

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997 pola que se fai público o convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras, de apoio financeiro á expansión exterior da empresa galega.

Con data do 13 de xuño de 1997 o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 14 entidades financeiras subscribiron un convenio de colaboración coa finalidade de establecer unha liña de financiamento subsidiada de apoio ós investimentos que realicen as empresas galegas no estranxeiro, ó abeiro do establecido no Decreto da Xunta de Galicia 454/1996, do 26 de decembro, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 25 de febreiro de 1997, pola que se desenvolve unha liña de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega.

No artigo 3.2 da Orde do 25 de febreiro de 1997 establécese que a modalidade de axudas reguladas pola dita orde correspondente á subsidiación de préstamos concertados con entidades financeiras destinados a financiar investimentos na creación ou ampliación de redes comerciais e investimentos productivos en países non membros da OCDE, convocaranse e instrumentaranse mediante convenios que o Igape subscriba con entidades financeiras. Nos ditos convenios incluiranse aquelas disposicións relativas á tramitación, xestión, condicións e delimitación do ámbito de aplicación das axudas e demais trámites para a súa concesión, así como os modelos de instancia de solicitude. En todo caso, os convenios coas entidades financeiras deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia, podendo fixarse neles o prazo de presentación de solicitudes.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do exposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, co obxecto de convocar e instrumenta-la modalidade de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega correspondente á subsidiación de préstamos destinados a financiar investimentos na creación ou ampliación de redes comerciais e investimentos productivos en países non membros da OCDE, faise público o contido do convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras, que figura como anexo I, así como a relación de entidades financeiras asinantes deste, que se incorpora como anexo II.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Convenio de apoio financeiro á expansión exterior da empresa galega financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Instituto de Comercio Exterior (ICEX) e as entidades financeiras

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1997

REUNIDOS

Dunha parte, o Instituto Galego de Promoción Económica, denominado no sucesivo Igape, con enderezo na rúa Frei Rosendo Salvado, nº 16, baixo, representado para os efectos do presente convenio polo seu presidente, o José Antonio Orza Fernández.

Doutra parte, a entidade financeira ......, denominada no sucesivo a entidade financeira, repre

sentada ós efectos do presente convenio por ......, con poder suficiente.

CONSIDERANDO

1º) Que o presente convenio se inscribe dentro da liña de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega, creada polo Decreto da Xunta de Galicia 454/1996, do 26 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 8, do 14 de xaneiro de 1997, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega, e regulada posteriormente pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 25 de febreiro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 51, do 14 de marzo de 1997, pola que se desenvolve unha liña de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega.

2º) Que, sendo conscientes do importante papel que as PEMES desempeñan na actividade económica e da necesidade de impulsa-lo proceso da súa internacionalización para a mellora-la súa posición competitiva nun mercado globalizado, faise preciso poñer en marcha un programa de apoio financeiro á internacionalización da empresa galega, a través da subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que concerten coas entidades financeiras acollidos a este convenio, destinados a financia-los investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas galegas no estranxeiro.

3º) Que está plenamente vixente o convenio de colaboración, asinado o 20 de decembro de 1996 entre o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO), denominado «convenio de renovación da liña para a internacionalización da empresa española», que establece unha liña de crédito de ata 20.000 millóns de pesetas, con ámbito de aplicación en todo o territorio nacional; sendo o seu obxectivo potencia-la implantación e os investimentos de carácter productivo de empresas españolas no exterior.

4º) Que ó abeiro do convenio subscrito entre o ICO e o ICEX do 20 de decembro de 1996 a que se refire o considerando 3º) e co obxecto de distribuí-los fondos da liña de crédito descrita, a entidade financeira subscribiu un contrato de mediación co ICO para o financiamento con cargo ós ditos fondos de investimentos productivos de empresas españolas no exterior, de tal forma que a entidade financeira cederá en forma de préstamos eses mesmos recursos ós beneficiarios finais.

5º) Que, salvo para aquelas operacións que non sexan encadrables no programa de internacionalización do ICO e ICEX, os fondos para a formalización das operacións de préstamo subsidiadas polo Igape ó abeiro do establecido no Decreto 454/1996 e na Orde de 25 de febreiro mencionados, serán facilitados á entidade financeira polo Instituto de Crédito Oficial (ICO), de acordo co establecido no convenio a que se fai referencia nos considerandos 3º) e 4º) e no Protocolo de colaboración para a internacio

nalización da PEME, subscrito entre o Igape, o ICEX e o ICO con data do 13 de xuño de 1997.

6º) Que ámbalas partes acordan que a liña de financiamento obxecto do presente convenio estará suxeita ás seguintes,

CLÁUSULAS:

Claúsula 1ª.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a entidade financeira ******, coa finalidade de establecer unha liña de financiamento subsidiada de apoio ós investimentos que realicen as empresas galegas no estranxeiro, someténdose as partes na totalidade ó establecido no Decreto da Xunta de Galicia 454/1996, do 26 de decembro, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega, e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 25 de febreiro de 1997, pola que se desenvolve unha liña de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega, así como as normas específicas contidas no presente convenio e ás que con posterioridade se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

2.1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas sociedades mercantís e sociedades cooperativas que teñan a consideración de pequenas e medianas (PEMES), conforme a definición establecida pola Unión Europea. Para os ditos efectos, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade xurídica que, na data de peche do último exercicio, reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores e

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de ecus, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de ecus, e

c) Que cumpra o criterio de independencia. Para estes efectos consideraranse empresas independentes, aquelas nas que o 25% ou máis do seu capital ou os seus dereitos de voto non pertenza directa ou indirectamente a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME segundo os tres requisitos establecidos, salvo se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou a investimentos institucionais, sempre que estes non exerzan ningún control sobre a empresa.

Para os efectos de aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o seguinte tipo de cambio do ecu: 1 ecu=160 pesetas.

En caso de que durante a vixencia deste convenio a Unión Europea establecese unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza,

o que será obxecto da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2.2. Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as sociedades mercantís e sociedades cooperativas que, sen te-la consideración de PEME, presenten expedientes de solicitude comprendidos no marco do presente convenio e que se consideren de especial interese socioeconómico polo Igape ou respecto ós que a Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As sociedades beneficiarias das axudas obxecto deste convenio, deberán te-lo seu enderezo social e fiscal e o centro principal da súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante o anterior e con carácter excepcional, poderán ser beneficiarias das axudas as sociedades estranxeiras das que o dito capital estea participado en máis dun 50% por sociedades que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 454/1996, do 26 de decembro e na Orde do 25 de febreiro de 1997, sempre que adicionalmente se cumpran os seguintes requisitos:

a) A participación no capital da sociedade estranxeira permita á/ás sociedade/s galega/s exerce-lo control e dirección efectiva da sociedade participada. No caso de que a participación en máis do 50% do capital na sociedade estranxeira beneficiaria sexa detentada conxuntamente por máis dunha sociedade galega, deberá quedar suficientemente acreditada a existencia de unidade de decisión a través dun acordo de sindicación.

b) A xuízo do Igape, a actividade da empresa estranxeira deberá ter unha vinculación directa ou de complementariedade coa/s sociedade/s galega/s participante/s.

c) A sociedade estranxeira beneficiaria das axudas deberá destinar obrigatoriamente os fondos do préstamo ó pagamento dos investimentos en activos fixos que se consideren subvencionables, realizadas directamente por esta no país ó que pertenza.

d) A sociedade estranxeira participada deberá cumpri-los requisitos establecidos para as empresas beneficiarias no Decreto 454/1996, do 26 de decembro, e na Orde do 25 de febreiro de 1997, así como na normativa que con posterioridade se poida dictar.

Neste caso a/s sociedade/s galega/s participante/s na sociedade beneficiaria estranxeira responderá/n solidariamente con esta do cumprimento de tódalas súas obrigas respecto a estas axudas.

Cláusula 4ª.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa vixencia para a presentación de novas solicitudes de financiamento na entidade financeira será ata o 30 de novembro de 1997 e para a presentación

das mesmas pola entidade financeira no Igape será ata o 31 de decembro de 1997.

Cláusula 5ª.-Actividades subvencionables.

Son subvencionables ó abeiro deste convenio as actividades económicas seguintes:

a) As de extracción, procesamento e transformación das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento e transformación de minerais ou os seus derivados.

c) A industria transformadora e os servicios de apoio industrial.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización relacionadas con calquera das actividades anteriormente descritas.

Cláusula 6ª.-Modalidade e destino das axudas.

6.1. Modalidade.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro das operacións de préstamo que se concerten coa entidade financeira ó abeiro do convenio subscrito entre o ICO e a dita entidade financeira, de financiamento dos investimentos españois no exterior, así como do presente convenio, no marco xeral do Decreto 454/1996, do 26 de decembro, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega, e da Orde do 25 de febreiro de 1997, pola que se desenvolve unha liña de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega.

6.2. Destino.

6.2.1. Poderán subsidiarse ó abeiro do presente convenio, os xuros daqueles préstamos que se concerten coa entidade financeira destinados exclusivamente a financiar investimentos de carácter permanente nos países non pertencentes á Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), a través da adquisición de activos fixos ou da toma de participacións financeiras de filiais ou sociedades estranxeiras, vinculadas estrictamente á creación ou ampliación de redes comerciais propias ou de instalacións productivas nos ditos países, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Os investimentos subvencionables poderán realizarse:

1. Directamente: mediante a creación, ampliación ou adquisición de sucursais ou establecementos permanentes no estranxeiro, ou ben as realizadas polas sociedades estranxeiras a que se refire a cláusula 2ª.

2. Indirectamente: xa sexa a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras das que o dito capital pase a estar participado polo beneficiario en polo menos un 50%, que sexan pola súa vez quen realicen os investimentos, ou ben mediante a participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes que conten no seu patri

monio cos activos productivos ou comerciais que indirectamente se pretenden adquirir. No caso de participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes, como resultado da adquisición de capital subsidiada, o beneficiario deberá pasar a ter unha participación directa no capital da sociedade estranxeira que lle permita influír notablemente na súa xestión ou control, a través dunha presencia significativa nos órganos de goberno da sociedade, e que en ningún caso a dita participación será inferior ó 20%.

b) Os proxectos de investimento han de ser considerados viables, debendo ter, a xuízo do Igape, unha repercusión positiva substancial para a actividade desenvolvida pola empresa beneficiaria en Galicia, no marco dun proceso de expansión e integración horizontal ou vertical.

c) En ningún caso serán subvencionables aqueles proxectos dos que a dita finalidade sexa a substitución da actividade principal desenvolvida en territorio galego por outra actividade similar no exterior.

d) No caso de investimentos na creación ou ampliación de instalacións productivas, o beneficiario das axudas deberá, como mínimo, manter durante os tres primeros anos de vixencia da subsidiación o nivel de emprego existente nos centros de actividade establecidos en Galicia á data de solicitude da subvención. Se o beneficiario fose unha sociedade estranxeira, de conformidade co establecido na cláusula 3ª, o mantemento do nivel de emprego referirase á/ás sociedade/s galega/s que detente/n a maioría do seu capital.

e) No caso de investimentos na creación ou ampliación de redes comerciais propias do beneficiario no exterior, as ditas redes deberán estar directamente relacionadas coa súa actividade productiva no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou, excepcionalmente, no caso de sociedades constituídas co único obxecto de comercializar ó exterior a producción conxunta dos seus socios, coa actividade productiva destes últimos no dito territorio, sempre que os ditos socios detenten polo menos a maioría do capital.

f) Unicamente poderán considerarse subvencionables os investimentos en activos fixos, que se realicen directa ou indirectamente, ou en participacións financeiras adquiridas a terceiros que se realicen e paguen a partir da data de presentación da solicitude de axuda, unha vez formalizado o préstamo.

g) En ningún caso se considerarán subvencionables aqueles investimentos en activos fixos ou na adquisición de capital xa emitido de sociedades estranxeiras que se realicen entre persoas ou entidades vinculadas, segundo a definición de tales operacións contida na normativa do imposto de sociedades.

h) A participación nos fondos propios de filiais e no capital de sociedades estranxeiras conforme

o establecido no apartado a), terá en todo caso carácter duradeiro, cun mínimo de permanencia no accionariado igual ó da vixencia da operación financeira subsidiada.

6.2.2. Para os efectos do establecido no punto 6.2.1, incorpórase ó presente convenio a título informativo como anexo A a relación actual de países pertencentes á Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) que quedarían por tanto excluídos do ámbito de aplicación das axudas consideradas. Non obstante, se durante a vixencia do convenio se producise algunha modificación na relación de países pertencentes á dita organización, iso terase en conta á hora de determinar que países quedan incluídos ou excluídos do ámbito de aplicación das axudas.

Cláusula 7ª.-Conceptos de investimento subvencionables.

En función do destino da operación, poderán considerarse subvencionables:

a) No caso de investimentos que se realicen directamente, mediante a creación, ampliación ou adquisición de sucursais ou establecementos permanentes no estranxeiro, ou as realizadas polas sociedades estranxeiras a que se refire a cláusula 3ª, ou ben indirectamente, a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras das que o dito capital pase a estar participado en polo menos un 50%, os investimentos estrictamente necesarios para a execución do proxecto, que se realicen en:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e conexións de servicios.

-Urbanización e obras exteriores.

-Obra civil.

-Bens de equipo.

-Traballos e estudios de planificación, enxeñería de proxecto e dirección facultativa dos traballos.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

-Activos intanxibles ligados ós investimentos: unicamente en aplicacións informáticas e en propiedade industrial.

Respecto ós activos anteriores, aplicarán as seguintes limitacións:

-O investimento inmobiliario non superará o 80% da totalidade do proxecto de investimento.

-O investimento inmaterial non superará o 20% da totalidade do proxecto de investimento.

No total do investimento subvencionable podéranse incluí-los impostos que graven a adquisición.

Os activos nos que se materialice o investimento deberanse manter durante a vixencia do préstamo ou, se é o caso, substituiranse por outros de idéntica natureza e destino, non podendo, neste último caso,

obterse ningún tipo de axuda financeira do Igape para a adquisición destes últimos.

b) No caso de investimentos que se realicen indirectamente, a través da participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes: ha de tratarse da participación no capital de sociedades estranxeiras que conten no seu patrimonio cos activos productivos ou comerciais que indirectamente se pretenden adquirir, complementarios á actividade desenvolvida en Galicia, que se consideren necesarios para a execución do proxecto e que respondan a algún dos conceptos de investimento subvencionable establecidos no apartado a) anterior.

Cláusula 8ª.-Características das operacións de préstamo subsidiables e axuda financeira do Igape.

8.1. Importe do préstamo e porcentaxe de financiamento.

O importe máximo do préstamo ou préstamos subsidiables para o financiamento de cada proxecto investidor será de 500 millóns de pesetas, ou o seu contravalor en divisa, se ben o Igape poderá autorizar límites superiores en función do especial interese socioeconómico da operación.

O límite máximo por operación a financiar non poderá exceder do 70% do investimento total subvencionable, xa sexa a través da adquisición de activos fixos ou de participacións financeiras.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando se trate de investimentos a realizar indirectamente a través de filiais estranxeiras participadas pola empresa beneficiaria en menos dun 100%, ou cando o beneficiario das axudas sexa unha sociedade estranxeira que cumpra o disposto na cláusula 3ª deste convenio, a porcentaxe de financiamento sobre o investimento subvencionable a realizar por calquera de ambas sociedades non poderá exceder do 70% da porcentaxe de participación en capital que pase a detenta-la sociedade beneficiaria ou do detentado individual u conxuntamente pola/s sociedade/s galega/s a que se refire a cláusula 3ª mencionada.

No caso de investimentos a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras, o importe máximo de investimento financeiro subvencionable virá dado polo valor dos activos fixos subvencionables que se pretendan adquirir por estas últimas, salvo que a aportación a fondos propios que se realice sexa inferior, nese caso tomarase este último valor.

No caso de investimentos a través da participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes, o importe máximo de investimento financeiro subvencionable será o valor das accións ou participacións que se pretendan adquirir ou subscribir. Para estes efectos, o valor máximo das accións ou participacións a adquirir ou subscribir que se terá en conta para a determinación deste importe será o menor dos dous seguintes: a) O resultante de mul

tiplica-lo valor neto contable dos activos pertencentes á sociedade participada que se consideren subvencionables, de acordo co disposto na cláusula 7ª a) e 7ª b) e segundo o último balance oficial, pola porcentaxe de participación en capital a adquirir; b) O prezo pactado da participación de capital que se pretende adquirir.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, excepcionalmente, o Igape poderá considerar como valor dos activos subvencionables o resultante de informe pericial de taxación realizado por sociedade de taxación independente.

8.2. Prazos de amortización do préstamo e de subsidiación do Igape.

Establécense as dúas seguintes modalidades de amortización do préstamo, a elixir polo prestatario:

a) 7 anos, incluídos 2 anos de carencia do principal.

b) 5 anos, incluído 1 ano de carencia do principal.

A subsidiación devengarase durante a vixencia da operación financeira, non podendo exceder en ningún caso dos 7 primeiros anos de vixencia dela.

Os períodos de amortización arriba sinalados comezarán a computarse a partir do primeiro día 15 do calendario inmediato á data de disposición dos fondos ICO pola entidade financeira prestamista, polo que a vixencia de cada operación poderá ser superior ós prazos referenciados exclusivamente polos días que se engaden no período irregular inicial, que se incluirán no período de carencia, non afectando iso ó prazo máximo de subsidiación que se establece no parágrafo precedente.

As amortizacións realizaranse polo prestatario semestralmente, coincidindo coas datas de liquidación de xuros, unha vez finalizado o período de carencia, debendo recolle-la póliza ou escritura de préstamo as datas e importes das cotas de amortización.

Nas operacións a tipo de xuro fixo a amortización será de tipo francés, é dicir, que finalizado o período de carencia, os pagamentos serán de igual contía incluíndo amortización máis xuros.

Nas operacións a tipo de xuro variable, a amortización será lineal en cotas de amortización constantes.

Non obstante, a vontade do prestatario, o préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente. As amortizacións anticipadas que, se é o caso, realice voluntariamente o prestatario deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortizacións restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

No caso de reembolso parcial anticipado, subscribirase anexo á póliza ou escritura de préstamo, no que se determinará o capital parcialmente amortizado e concretarase o novo importe das cotas semestrais pendentes de pagamento e a data de pagamento de cada unha delas.

A entidade financeira enviará á maior brevidade as fotocopias do dito anexo ó Igape, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación semestral de subsidiación.

A entidade financeira poderá percibir, como máximo, as seguintes comisións en caso de reembolso anticipado:

-Nos préstamos a tipo de xuro fixo: o 2,5% sobre os importes reembolsados por anticipado.

-Nos préstamos a tipo de xuro variable: o 2,5% anual sobre os importes reembolsados por anticipado por tódolos días que falten ata o remate do período semestral de xuros en curso, de tal forma que se a amortización anticipada coincide coa data de revisión do tipo de xuro, non habería penalización ningunha.

A entidade financeira non aplicará a penalidade por amortización anticipada nos seguintes casos:

a) Cando o reembolso anticipado se orixine como consecuencia da percepción de subvencións ou subsidiación de xuros polo prestatario que se destinen á amortización do principal do préstamo.

b) Cando o reembolso anticipado se orixine como consecuencia de variacións á baixa no importe de investimento xustificado respecto ó total aprobado, sempre e cando as ditas variacións se deban exclusivamente a diferencias de tipo de cambio de divisas e a amortización anticipada se realice antes de que finalice o periodo de disposición do préstamo.

8.3. Tipos de xuros aplicables.

O tipo de xuro do préstamo, expresado en taxa anual equivalente (TAE), en función da modalidade de cesión de fondos ICO elixida pola entidade financeira prestamista, poderá ser:

-Tipo de xuro fixo durante toda a vida do préstamo (en termos TAE): Aplicable exclusivamente ós préstamos denominados en pesetas, será o que se obteña de sumar ó «Tipo de Cesión do ICO», a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro.

-Tipo de xuro variable (en termos TAE): Aplicable tanto ós préstamos denominados en pesetas como en divisas, será inicialmente o que se obteña de sumar ó «Tipo de Cesión do ICO», a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro. O tipo de xuro anterior será revisable cada semestre de acordo, ou ó tipo de cesión do ICO, ó que se lle aplicará a marxe de intermediación da entidade financeira, ou ós tipos de xuros establecidos no contrato, con base no MIBOR/LIBOR a 6 meses en termos TAE menos 1,5 puntos porcentuais.

O ICO comunicará quincenalmente ás entidades financeiras o «Tipo de Partida ICO», o que, diminuído en ata 2,75 puntos porcentuais, determinará o «Tipo de Cesión» a que se fai referencia nos parágrafos anteriores, o que incrementado pola súa vez

na marxe de intermediación da entidade financeira de ata 1,25 puntos porcentuais, será o que determine o tipo TAE máximo que deba aplicarse ós préstamos que se formalicen durante esa quincena. A mesma comunicación efectuarase para a revisión semestral no caso de que a opción elixida fose tipo de xuro variable. En ningún caso o tipo de cesión do ICO poderá ser negativa,

Enténdese por MIBOR para os efectos deste convenio, o tipo de xuro no Mercado Interbancario de Madrid.

Enténdese por LIBOR para os efectos deste convenio, o tipo de xuro no Mercado Interbancario de Londres.

8.4. Comisións.

As entidades financeiras non poderán cobrar cantidade ningunha en concepto de comisión polos préstamos que concedan, con excepción da relativa ó reembolso anticipado total ou parcial do préstamo a que se fai referencia no punto 8.2 desta cláusula.

8.5. Axuda financeira do Igape.

A subsidiación do Igape respecto ó tipo de xuro aplicable ós préstamos poderá acadar ata os 5 puntos porcentuais de xuro durante o prazo máximo establecido, téndose en conta para a cualificación do proxecto de investimento como subvencionable e a determinación da contía da axuda os seguintes factores:

a) O grao de vinculación e repercusión do proxecto coa actividade empresarial desenvolvida en Galicia.

b) A clase de proxecto de que se trate: primeiro establecemento ou ampliación.

c) O grao de implantación que supoña o proxecto, dando prioridade á constitución de filiais respecto á creación de sucursais ou establecementos permanentes.

d) A incorporación de tecnoloxía e/ou bens de equipo de orixe galega.

e) A cooperación empresarial que, se é o caso, se dea no proxecto.

f) A viabilidade e rendibilidade estimada do proxecto e o volume de retorno do investimento que supoña.

8.6. Tipo de xuro mínimo para o beneficiario.

No caso de que a operación financeira se concerte en pesetas, o tipo de xuro nominal neto do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 3%. No suposto de que por aplicación dos puntos de subsidiación aprobados polo Igape, o xuro neto quedase por debaixo do límite establecido, limitarase a subsidiación devengada no que corresponda ata acadarse o citado tipo nominal neto mínimo.

No caso de que a operación financeira se concerte en calquera outra divisa, non será de aplicación a limitación de tipo de xuro nominal neto mínimo establecido no parágrafo anterior, se ben o tipo de xuro nominal neto do préstamo en ningún caso poderá ser negativo, limitándose no que corresponda a subsidiación do Igape.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

9.1. Modelo de solicitude e documentación.

As solicitudes de axuda presentaranse na entidade financeira, conforme o modelo de instancia que figura como anexo B deste convenio. As solicitudes acompañaranse dos documentos por duplicado relacionados a continuación, sempre que os estes non constasen xa actualizados no Igape en virtude doutro expediente correctamente identificado, e que non teñan unha antigüidade superior a seis meses:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais e rexistrais do solicitante: copia compulsada da tarxeta de identificacións fiscal e da escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos, así como, se é o caso, das modificacións posteriores deles.

2) Certificación dos administradores ou do secretario do Consello de Administración da empresa solicitante, co visto e prace do presidente, na que figure:

-A composición actual do Consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación.

-O número de traballadores actuais, así como o volume de negocios e o activo total neto referidos ambos á data de peche do último exercicio.

-En caso de que a empresa xa estivese implantada no estranxeiro, identificación detallada das filiais, sucursais ou establecementos en que participe ou que posua o beneficiario ou as súas filiais en cada un dos países.

3) No caso de solicitudes correspondentes a empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o número de traballadores actuais e o volume de negocios e activo total neto correspondente á data de peche do último exercicio. No caso de que o solicitante sexa unha sociedade estranxeira, de acordo co previsto na cláusula 3ª, a certificación anterior farase extensiva en todo caso á/ás sociedade/s galega/s que detenten a maioría do seu capital.

4) Copia compulsada da alta no imposto de actividades económicas do solicitante e do último recibo pagado por este imposto.

5) Fotocopia compulsada do documento de cotización TC1 e TC2 do último mes correspondente a cada un dos centros de traballo que o solicitante teña en Galicia ou, en caso de tratarse este dunha

sociedade estranxeira, de acordo co previsto na cláusula 3ª, dos centros de traballo que a/as sociedade/s galega/s que detenten a maioría do seu capital que teñan en Galicia.

6) En caso de que o solicitante das axudas sexa unha sociedade estranxeira, de conformidade co previsto na cláusula 3ª deste convenio, deberá aportarse adicionalmente a documentación sinalada nos apartados 1), 2), 3) e 4) anteriores referida á/ás sociedade/s galega/s participante/s nela e esta/s deberán asina-lo impreso de solicitude das axudas.

7) Certificados de que o solicitante está ó día nas súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

8) En caso de que o solicitante das axudas sexa unha sociedade estranxeira, de conformidade co previsto na cláusula 3ª deste convenio, deberá aportarse adicionalmente a documentación sinalada nos apartados 1), 2), 3), 4), 6) e 7) anteriores referida á/ás sociedade/s galega/s participantes nela e esta/s deberán asina-lo impreso de solicitude das axudas.

9) Declaración xurada doutras axudas solicitadas ou que ten previsto solicitar para o mesmo proxecto, especificando o organismo concedente, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

10) En función do réxime administrativo que resulte de aplicación en cada momento ós investimentos españois no exterior, en caso de que a operación de investimento estea suxeita a autorización, verificación ou notificación, xustificación da solicitude ou trámite efectuado ante o organismo competente e, se é o caso, da notificación administrativa correspondente.

11) Memoria descritiva do plan de expansión internacional que o solicitante proxecta realizar, asinada polo representante legal da empresa, que comprenda, polo menos, os seguintes extremos:

-Os antecedentes da empresa e dos seus promotores.

-Identificación do plan de expansión internacional da empresa no que se recolla a razón que aconsella a realización do proxecto investidor, os obxectivos e o grao de integración horizontal ou vertical a acadar, as formas xurídicas de establecemento elixidas e as estratexias a desenvolver nos mercados de implantación, así como a repercusión positiva substancial que supoña ó seu xuízo o dito plan para a actividade desenvolvida pola empresa beneficiaria en Galicia e para a economía galega.

-Descrición valorada do investimento proxectado, expresada tanto na moeda en que se vaia denomina-lo préstamo como na divisa en que se vaia efectua-lo pagamento, con identificación e desagregación suficiente das diferentes partidas que compoñen o proxecto, así como do importe correspondente a cada unha delas. Para estes efectos, tomarase como

tipo de cambio de ámbalas divisas o correspondente ó primeiro día hábil do semestre do ano natural en que se presente a solicitude. En caso de que por razóns xustificadas non fose posible efectua-la conversión directa de ámbalas moedas, obterase o seu contravalor á data prevista mediante a conversión de cada unha delas ó dólar USA.

No caso de que os investimentos se realicen indirectamente, a través da participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes que conten no seu patrimonio cos activos productivos ou comerciais que indirectamente se pretende adquirir, a descrición valorada sinalada no parágrafo anterior deberá referirse exclusivamente ó valor neto contable dos activos productivos ou comerciais pertencentes á sociedade estranxeira que puideran considerarse subvencionables, de acordo co exposto nas cláusulas 7ª a) e 7ª b).

-Para aqueles proxectos nos que estea prevista a realización de obras e construccións, deberán xuntar anteproxecto valorado delas.

-Estudio de viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto de investimento.

12) No caso de tratarse de préstamos para o financiamento de investimentos que se realicen indirectamente, xa sexa a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras ou da participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes, deberase aportar adicionalmente a seguinte documentación:

-No caso de que os investimentos se realicen a través de filiais estranxeiras xa constituídas ou, en todo caso, se estes se efectúan a través de sociedades estranxeiras, copia compulsada da escritura de constitución da filial ou da sociedade estranxeira e dos seus estatutos debidamente rexistrados, así como das súas modificacións posteriores, copia simple informativa emitida polo rexistro ou oficina correspondente das contas oficiais e, se é o caso, do informe de auditoria alí depositados, correspondentes ó último exercicio pechado. En caso de que non figure na documentación anterior a composición do capital no que respecta á súa titularidade, porcentaxe da participación e nacionalidade, deberá facilitarse unha certificación do representante legal da sociedade beneficiaria sobre estes extremos.

-En caso de que os investimentos se realicen a través da participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes, certificado de auditoría externa que comprenda a descrición e o valor neto contable dos activos productivos ou comerciais pertencentes á sociedade estranxeira que puideran considerarse subvencionables, de acordo co exposto nas cláusulas 7ª a) e 7ª b) e segundo o último balance oficial.

-Memoria descritiva asinada polo representante legal do solicitante sobre a operación de constitución ou ampliación de fondos propios da filial ou de participación no capital da sociedade estranxeira

proxectada, na que se farán constar como mínimo os seguintes extremos:

a) Composición accionarial actual da filial, en caso de estar constituída, ou da sociedade estranxeira e a súa distribución despois da subscrición ou da adquisición proxectada.

b) Importe e condicións da subscrición ou da adquisición de capital proxectada, expresada tanto na moeda en que se vaia denomina-lo préstamo como na divisa en que se vaia efectua-lo pagamento. Para estes efectos, tomarase como tipo de cambio de ámbalas divisas, o correspondente ó primeiro día hábil do semestre do ano natural en que se presente a solicitude. En caso de que por razóns xustificadas non fose posible efectua-la conversión directa de ambas moedas, obterase o seu contravalor á data prevista mediante a conversión de cada unha delas ó dólar USA.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, a xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

9.2. Presentación das solicitudes no Igape pola entidade financeira.

A entidade financeira recibirá as solicitudes de axuda que se reciban nas súas sucursais, debendo asinar, selar e data-la solicitude, entregando ó solicitante unha copia dela. Unha vez centralizadas pola entidade financeira as solicitudes presentadas e resolta a petición de préstamo, o que se realizará no prazo máximo de 30 días; a entidade financeira remitirá as solicitudes por ela autorizadas ó Igape, acompañadas da súa comunicación de concesión, segundo o modelo que se incorpora a este convenio como anexo C, debendo presentar no rexistro xeral do Igape os orixinais das instancias de solicitude e de comunicación de concesión coa documentación completa que se sinala nesta cláusula.

O prazo máximo para a presentación de solicitudes pola entidade financeira no Igape será o que se sinala na cláusula 4ª deste convenio.

O Igape poderá reclamar tanto á entidade financeira como ó interesado, os datos adicionais que considere convenientes para precisa-lo contido da documentación preceptiva, debendo presentarse aquela no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado, transcorrido o cal, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Claúsula 10ª.-Resolución.

10.1. Resolución da solicitude e aceptación polo beneficiario.

O Igape, á vista da documentación presentada e baseándose nos requisitos e condicións establecidos resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas solicitadas no prazo máximo de catro meses a contar desde a recepción da solicitude. As solici

tudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo consideraranse desestimadas.

A resolución que se dicta será notificada ós solicitantes e á entidade financeira concedente do préstamo. En caso de resolución de concesión e sempre que non se interpuxese recurso administrativo contra ela, os beneficiarios deberán manifestar ó Igape a súa aceptación á resolución recaída e ás condicións establecidas nela dentro do prazo de quince días contados desde a súa notificación. Transcorrido o dito prazo sen que os beneficiarios manifesten expresamente a súa aceptación, quedará sen efecto a concesión da subvención. No caso de que os beneficiarios das axudas sexan sociedades estranxeiras, o prazo máximo para a aceptación da resolución será dun mes contado desde a súa notificación, debendo neste caso a/as sociedade/s galega/s que detente/n a maioría do seu capital aceptar igualmente a resolución.

A resolución non porá fin á vía administrativa, podendo interpoñerse recurso ordinario ante o conselleiro de Economía e Facenda.

Cláusula 11ª.-Formalización da operación de préstamo.

A correspondente escritura ou póliza de préstamo formalizarase entre a entidade financeira e o solicitante da axuda, de acordo coas condicións sinaladas a continuación:

A partir da entrada en vigor deste convenio e presentada previamente a solicitude de subsidiación no Igape a entidade financeira poderá formalizar cos seus clientes os préstamos con fondos da liña de internacionalización do ICO e ICEX, respectando as condicións xerais establecidas nela.

Unha vez comunicada a resolución do Igape, en caso de que esta sexa favorable, deberán incluír un anexo á póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución. Non obstante, se da resolución de concesión de subsidiación se derivasen condicións distintas ás recollidas inicialmente no préstamo xa formalizado tales como importe do préstamo, prazo ou outras, deberase proceder a efectua-la súa adaptación ós termos da resolución, perdéndose noutro caso o dereito á subsidiación.

Se o préstamo se formalizase con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio e á axuda de que se trate, e nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos obxecto de subsidiación e calquera outra condición establecida na resolución de concesión.

O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se ó o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión a partir da data da comunicación da concesión será de seis meses para o

caso de investimentos en activos fixos e de tres meses para os investimentos en participacións financeiras; a partir do dito prazo esta considerarase nula, salvo autorización expresa polo Igape, á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario, e coa conformidade da entidade financeira, efectuada antes do vencemento do respectivo prazo.

A entidade financeira enviará, o antes posible, fotocopia cotexada da póliza ou escritura de préstamo ó Igape e, en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

Cláusula 12ª.-Disposición.

O período de disposición non poderá ser superior a 12 meses a partir da data de formalización do préstamo, salvo no caso de que os investimentos no exterior se realicen indirectamente, xa sexa a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras ou mediante a participación no capital de sociedades estranxeiras xa existentes; nese caso a disposición realizarase dunha soa vez nun prazo máximo de 1 mes desde a data da formalización do préstamo.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar á entidade financeira prestamista á disposición dos fondos do préstamo a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedido, de acordo co establecido para cada unha dos destinos potenciais da axuda, non permitindo a entidade financeira disposicións para outras finalidades distintas. Para estes efectos, a entidade financeira requirirá ós beneficiarios a documentación (escrituras, facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acrediten a xustificación do investimento en activos fixos ou en participacións financeiras subvencionables para o seu pagamento.

A disposición dos fondos do préstamo realizarase a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen a execución do investimento en activos fixos ou en participacións financeiras subvencionables, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, para a súa posterior remisión ó Igape xunto co extracto da conta específica asociada ó préstamo.

Cláusula 13ª.-Xustificación ante o Igape.

Unha vez disposto integramente o préstamo, a entidade financeira deberá remitir ó Igape, no prazo máximo de 3 meses, contado desde a data de disposición total do préstamo, unha certificación sobre o cumprimento das condicións do préstamo aprobado e a aplicación del ás finalidades previstas, acompañada das copias cotexadas cos orixinais que o xustifiquen, así como do extracto da conta específica asociada ó préstamo e de copia da póliza ou escritura do préstamo, de acordo co exposto na cláusula 10.

A certificación da entidade financeira a que se refire o parágrafo anterior, que deberá vir asinada e datada, será comprensiva do investimento subvencionable total xustificado, con desagregación suficiente e ordenada das facturas, recibos e xustificantes correspondentes a elas, así como dos medios de pagamento utilizados. Igualmente farase constar na certificación a última data de pagamento do investimento subvencionado, que se tomará como data de inicio de devengo da subsidiación, de acordo co disposto na cláusula 14.2. Os pagamentos deberán vir referenciados tanto na divisa en que se efectuase o pagamento como no seu contravalor respecto á moeda en que denomine o préstamo. O tipo de cambio aplicado a cada un dos pagamentos será o do día de cada disposición.

Con independencia do anterior, no caso de que os investimentos no exterior sexan realizados indirectamente polo beneficiario das axudas, a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras que sexan quen realicen os investimentos, o prestatario deberá así mesmo xustificar ante o Igape a íntegra execución e pagamento pola súa filial do proxecto investidor por esta desenvolvido, o que se fará no prazo máximo de dezaoito meses contados desde a data de formalización do préstamo. Para estes efectos deberá presentar unha certificación comprensiva do investimento total subvencionable efectuada a través da súa filial, con desagregación suficiente e ordenada das facturas, recibos e xustificantes correspondentes a ela, así como dos medios de pagamento utilizados e do cargo nas contas bancarias a través das que se realizasen os pagamentos. Esta certificación virá acompañada dos correspondentes xustificantes documentais acreditativos da realización e pagamento dos

investimentos subvencionables.

No caso de investimentos na creación ou ampliación de instalacións productivas, de acordo co establecido na cláusula 5.2.1.d), o beneficiario das axudas deberá, unha vez transcorridos os tres primeiros anos de vixencia do préstamo, acredita-lo mantemento do nivel de emprego existente nos centros de actividade establecidos en Galicia ata a data de solicitude da subvención; para os ditos efectos deberá presenta-los correspondentes documentos de cotización TC1 e TC2.

Adicionalmente, para os efectos da correcta xustificación da execución do proxecto subvencionado, o Igape poderá esixir ó beneficiario das axudas a aportación dunha revisión de auditoría externa, que se pronuncie sobre a correcta aplicación dos fondos da operación financeira subsidiada ás finalidades para as que foi concedida, así como sobre o cumprimento íntegro de calquera das condicións contidas neste convenio ou na resolución de concesión, revisión que será efectuada por sociedade de auditoría recoñecida polo Igape e que o dito custo correrá exclusivamente a cargo do beneficiario.

Despois de comunicación do beneficiario, realizada a través da entidade financeira e coa súa conformidade por escrito, admitiranse automaticamente variacións á baixa no importe de investimento en activos fixos ou participacións financeiras xustificadas respecto á total aprobada, sen necesidade de modifica-la resolución de concesión emitida, sempre e cando as ditas variacións se deban exclusivamente a diferencias de tipo de cambio de divisas e o beneficiario amortice anticipadamente o préstamo subsidiado antes de que remate o período de disposición do préstamo, como mínimo, no importe resultante de multiplica-la cantidade non xustificada pola porcentaxe de financiamento aprobada, de tal forma que en ningún caso se supere a dita porcentaxe.

Cláusula 14ª.-Liquidación de xuros e de subsidiación.

14.1. Liquidación de xuros ó prestatario.

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, igual que as amortizacións, semestralmente.

Os períodos semestrais comezarán a computarse a partir do primeiro día 15 inmediato á data de disposición dos fondos ICO pola entidade financeira prestamista, polo que o primeiro período de liquidación de xuros será irregular e igual ou superior a 6 meses.

O devengo de xuros será por días comerciais no caso de préstamos a tipo de xuro fixo, e por días naturais, base 365, no caso de préstamos a tipo de xuro variable.

14.2. Liquidación e pagamento da subsidiación.

Unha vez concertado o préstamo subsidiado e xustificada ante o Igape a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedido, procederase á liquidación e pagamento da subsidiación segundo o procedemento sinalado a continuación.

A entidade financeira, unha vez certificado o cumprimento das condicións do préstamo a que se refire a cláusula 13ª, practicará semestralmente a liquidación da subsidiación de xuros ó Igape, presentando no Igape a liquidación dentro dos 5 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que corresponda a dita liquidación. Para estes efectos, a primeira liquidación tomará como data inicial de devengo de subsidiación aquela que figure na certificación de cumprimento emitida pola entidade financeira e que corresponda á última data de pagamento do investimento, salvo que o préstamo se formalizase con anterioridade á resolución de concesión de axuda, de acordo co previsto na cláusula 11ª; nese caso a data inicial de devengo da subsidiación non poderá ser anterior á data de emisión da resolución de concesión.

O primeiro período de liquidación da subsidiación poderá ser pois irregular, téndose en conta os días transcorridos desde a data de inicio de devengo da subsidiación, conforme o establecido no parágrafo

anterior, ata o vencemento do semestre que se liquida.

O devengo da subsidiación será por días comerciais no caso de préstamos a tipo de xuro fixo, e por días naturais, base 365, no caso de préstamos a tipo de xuro variable.

Igualmente o Igape poderá optar por realiza-lo pagamento da subsidiación dunha soa vez, de forma anticipada, unha vez emitida pola entidade financeira a certificación de cumprimento a que se refire o parágrafo anterior; nese caso a cantidade librada por anticipado destinarase obrigatoriamente a amortiza-lo principal do préstamo. Para o cálculo da subvención correspondente, procederase a actualizar á data inicial de devengo que conste na certificación da entidade financeira, ó tipo de xuro legal vixente, o importe das subsidiacións que lle correspondera percibir durante a vixencia do préstamo.

No caso de que o Igape optase por realiza-lo pagamento anticipado da subsidiación, de acordo co exposto no parágrafo anterior, se o prestatario procedese durante a vixencia do préstamo a amortiza-lo anticipadamente, total ou parcialmente, de forma voluntaria, deberá devolver ó Igape a proporción da subsidiación percibida que corresponda á cantidade amortizada por anticipado respecto ó período de vixencia restante ata o vencemento do préstamo. A subvención que neste caso corresponda devolver capitalizarase ó tipo de xuro legal vixente.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación, segundo o establecido na cláusula 8.3. deste convenio. A entidade financeira aboará ó interesado o importe de cada liquidación de subsidiación coa data valor do día en que reciba o aboamento dos fondos da subvención por parte do Igape.

O pagamento da subsidiación polo Igape será a conta, ás resultas da oportuna comprobación tanto das liquidacións practicadas pola entidade financeira como da adecuada xustificación da execución e pagamento das accións contidas no proxecto subvencionado e a aplicación íntegra dos fondos da operación financeira subsidiada ás finalidades para as que foi concedida e, especialmente, no caso de investimentos a realizar por filiais estranxeiras do beneficiario, a realización e pagamento por estas do investimento en activos fixos recollida na resolución de concesión. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación o Igape procederá á súa corrección, podendo, no caso de que a mesma fose calculada en exceso, proceder a compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

Cláusula 15ª.-Modificación da concesión.

O Igape poderá incoar procedemento de modificación da subvención inicial para adaptala ás novas circunstancias, logo da solicitude do beneficiario ou de oficio, nos casos en que se produza un incumprimento parcial, se se acredita que o dito incum

primento non resulta de grande entidade, non desvirtúa a finalidade da subvención ou non é imputable ó beneficiario. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da subvención e decretará o reintegro da subvención indebidamente percibida segundo o establecido no artigo seguinte.

Cláusula 16ª.-Perda da subvención.

16.1. No caso de reclamación xudicial a instancia da entidade financeira por incumprimento do contrato de préstamo, e nos de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro desde a data de presentación da reclamación no xulgado ou desde a data da admisión a trámite xudicial do expediente de suspensión de pagamentos ou de quebra, respectivamente.

16.2. No caso de cesamento da actividade subvencionada productiva ou comercial desenvolvida polo beneficiario no estranxeiro, ou ben polas súas filiais ou polas sociedades estranxeiras no capital das cales participen, de acordo coa modalidade de implantación elixida, perderase o dereito á subsidiación a partir da data de cesamento na actividade ou, se é o caso, a partir da data de desinvestimento na participación financeira adquirida ou subscrita, ou de perda das porcentaxes de participación no capital de filiais e sociedades estranxeiras mínimas requiridas.

16.3. Será causa de perda da subvención, procedéndose ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o devengo de calquera pagamento con cargo á subvención concedida, nos casos de cesamento ou reducción significativa durante a vixencia do préstamo, da actividade principal desenvolvida no territorio galego pola empresa beneficiaria das axudas, como consecuencia directa dun proceso de substitución ou deslocalización industrial levado a cabo por esta.

16.4. Así mesmo procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-los requisitos requiridos para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta delas.

Se transcorridos 30 días naturais desde a data da notificación do correspondente acordo de cancelación da subvención sen que se efectuase o ingreso da cantidade esixida nel, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento.

16.5. Coa notificación do correspondente acordo de cancelación da subvención iniciarase o proceso de xestión recadatoria previsto por esta consellería para o reintegro de axudas e subvencións.

16.6. Así mesmo, o Igape poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración, no caso de actuación con neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

A entidade financeira queda obrigada a comunicar ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

Cláusula 17ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos ou préstamos que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outra axuda pública, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase da seguinte forma:

-Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións a percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 18ª.-Responsabilidade subsidiaria.

A entidade financeira que asina o presente convenio comprométese a responder de forma solidaria co beneficiario da devolución e pagamento do importe das subvencións indebidamente percibidas, cando se cumpran os seguintes supostos:

a) Cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira que asina este convenio se permitise dispoñer indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo, sen presentación por parte dos beneficiarios dos correspondentes xustificantes, ou ben estes se refiran de maneira clara e manifesta a bens substancialmente distintos ós incluídos no proxecto de investimento.

b) Que do uso indebido da conta se derivase un emprego de fondos distinto das finalidades previstas nestas axudas ás pequenas e medianas empresas, e iso dera lugar a unha resolución administrativa firme de obriga da devolución das subvencións indebidamente percibidas.

Non se considerarán nos supostos anteriores os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña culpa nin dolo.

Cláusula 19ª.-Normas operativas.

A entidade financeira asinante comprométese a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 20ª.-Información e inspección.

Sen prexuízo dos mecanismos de control establecidos legalmente, o Igape, ben directamente a través dos seus órganos, ou ben indirectamente a través das entidades que designe, poderá efectua-las inspeccións que considere oportunas para os efectos de comproba-la aplicación das axudas ás finalidades para as que foron concedidas e o cumprimento dos requisitos delas. Os beneficiarios e as entidades de crédito participantes deberán facilitar ó máximo o dito labor inspector e aporta-la documentación ou información ó respecto que lles sexa solicitada.

Cláusula 21ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de preaviso, suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 22ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada por representantes das entidades financeiras, do ICO e do Igape que terán reunións con periodicidade trimestal, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

Cláusula 23ª.-Publicidade.

A entidade financeira asinante comprométese a amosar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras sobre este convenio, deberán contar co visto e prace previo do Igape.

Cláusula 24ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa correspondendo ó Igape a interpretación do seu contido.

Cláusula 25ª.-Idioma dos documentos aportados.

O Igape poderá esixir que tódolos documentos que deba presenta-lo beneficiario, para os efectos da presente axuda, vaian confeccionados en galego ou castelán, ou noutro caso, acompañados da súa traducción oficial para calquera dos idiomas anteriores.

Cláusula 26ª.-Operacións non encadrables na liña de internacionalización ICO/ICEX.

Aqueles proxectos de investimento que, cumprindo os requisitos establecidos polo Decreto 454/1996, do 26 de decembro, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega e pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 25 de febreiro de 1997, pola que se desenvolve unha liña de axudas ó establecemento no estranxeiro das empresas galegas, non poidan acollerse ó convenio subscrito entre o ICO e a dita entidade financeira de financiamento dos investimentos españois no exterior, poderán ser subsidiados ó abeiro do presente convenio con suxeición ós termos e condicións establecidos nel, salvo no establecido a continuación:

1. Os fondos do préstamo subsidiado serán aportados pola entidade financeira, sen que sexan facilitados polo ICO.

2. O tipo de xuro do préstamo será o seguinte:

-Para operacións denominadas en pesetas: xuro variable referenciado ó MIBOR cunha marxe de intermediación da entidade financeira de ata 1,25 puntos porcentuais.

-Para operacións denominadas en divisa: xuro variable referenciado ó LIBOR cunha marxe de intermediación da entidade financeira de ata 1,25 puntos porcentuais.

3. A entidade financeira poderá percibir dunha soa vez e por tódolos conceptos unha comisión máxima dun 1%.

4. En ningún caso será aplicable ningunha penalidade por amortización anticipada do préstamo.

En Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1997.

Pola entidade financeiraPolo Igape

Pola entidade financeiraPolo Igape

Asdo.:************José Antonio Orza Fernández

D.N.I.:Presidente do Igape

ANEXO A

Relación actual de países pertencentes á Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE)

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Corea, Dinamarca, España, EE.UU, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Xapón, Luxemburgo, México, Noruega, Nova Celandia, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia, Suíza,Turquía.

ANEXO C

Modelo de comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Rfa.: Convenio Igape-ICO-ICEX de apoio financeiro á expansión exterior da PEME/97.

Rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo.

Santiago de Compostela.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira, acollida ás axudas reguladas polo Decreto da Xunta de Galicia 454/1996, do 26 de decembro, polo que se establece un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega, e pola Orde da Consellería de Economía e Facenda do 25 de febreiro de 1997, pola que se desenvolve unha liña de axudas ó establecemento no estranxeiro da empresa galega e acollida ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicamos a vostedes que foi concedido o préstamo coas características que se detallan:

Beneficiario:

Nº de expediente:

Data da solicitude na entidade financeira:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro: ... fixo ... variable

Amortización:

Xuntamos orixinal do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto.

Data e sinatura,

ANEXO II

Relación de entidades financeiras que subscribiron o convenio de apoio financeiro á expansión exterior da empresa galega

CaixasBancos

Caixa GaliciaBanco Bilbao Vizcaya

Caixa OurenseBanco Central Hispano

Caixa PontevedraBanco Español de Crédito

Caixa VigoBanco Gallego

Banco Pastor

Banco Santander

Banco Atlántico

Banco Exterior de España

Banco Sabadell

Caja de Ahorros y Pensiones

de Barcelona

5369