Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.537

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xuño de 1997 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 25 de novembro de 1996, pola que se regula a concesión de subvencións ás reais academias, colexios profesionais, asociacións de empresarios, cámaras de comercio e entidades análogas para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

A Orde do 25 de novembro de 1996 (DOG do 24/12/1996) regula a concesión de subvencións ás reais academias, colexios profesionais, asociacións de empresarios, cámaras de comercio e entidades análogas para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 8 da devandita orde, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Concederlles axudas, na contía que se indica no anexo I desta orde, a aqueles proxectos das institucións que se axustan ós criterios establecidos nos artigos 1, 2, 3 e 4 da orde de convocatoria.

Artigo 2º

Desestima-los proxectos que aparecen relacionados no anexo II por non acadaren a prioridade suficiente de acordo cos criterios establecidos nos artigos 1, 2, 3 e 4 da orde de convocatoria, e aqueloutros que son obxecto de subvención, ou puidesen selo,

de seren presentados en tempo e forma, por outra orde diferente das convocadas pola propia consellería para o desenvolvemento doutras actividades de promoción da lingua galega para o ano 1997.

Artigo 3º

Excluí-los proxectos relacionados no anexo III desta orde, por seren presentados fóra de prazo ou por pertenceren a institucións que non procederon á rectificación dos requirimentos, segundo o previsto no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 4º

As institucións ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 10 da Orde do 25-11-1996.

Artigo 5º

A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

ANEXO II

ANEXO III

5404