Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 21.1º m) da Lei 7/1985, do 2 de abril (segundo modificación da Lei 7/1997, do 14 de abril), esta alcaldía aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de SU-UE-6, sector C, das normas subdisiarias, no termo da Valenzá, redactado polo enxeñeiro Alfonso Enríquez Moure e presentado polo promotor Manuel Ramos González. Sométese a información pública o devandito documento e o expediente, durante o prazo de 1 mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para o seu exame na secretaría municipal, podendo presentarse, no referido prazo, as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.

Barbadás, 27 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

4771