Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO relativo á convocatoria de provisión dunha praza de auxiliar administrativo.

No BOP da Coruña, número 112, con data do 19 de maio de 1997, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión dunha praza incluída na oferta de emprego deste concello do ano 1996, que é a seguinte:

-Funcionarios de carreira:

Nivel de titulación: graduado escolar ou equivalente.

Denominación do posto: auxiliar administrativo.

Número de vacantes: unha.

Sistema: promoción interna (oposición).

As instancias nas que se solicite tomar parte na convocatoria para a provisión da praza presentaranse no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE.

Ares, 9 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

5292