Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Dada conta do avance do Plan Xeral de Ordenación Urbana polo Pleno do Concello en sesión ordinaria

celebrada o 30-5-1997, sométese a información pública no salón de actos da biblioteca pública municipal Vidal Pazos, por un prazo dun mes, en horario de 9 a 13 horas, mediante anuncio no DOG e un xornal dos de maior circulación na provincia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes, de conformidade co artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, quedando o expediente de manifesto na dependencia de secretaría ó dispor do público, significando que o prazo de exposición pública se entende aberto desde a súa publicación ata o remate do prazo dun mes contado desde o derradeiro anuncio.

Marín, 3 de xuño de 1997.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde-presidente

4772