Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de xuño de 1997 pola que se conceden axudas para a realización de accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria no curso 1996-1997, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 20 de febreiro de 1997 (DOG do 7 de abril) convocáronse axudas para a realización de actividades de formación empresarial dos alumnos que

rematan estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria, da Comunidade Autónoma.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 6 da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.483.0. da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co punto noveno da Orde do 20 de febreiro de 1997, as axudas serán aboadas do seguinte xeito:

* O 10% da contía subvencionada logo da aceptación da devandita subvención, certificación do comezo da actividade por parte do director/a do centro onde se realiza esta, calendario das actividades e relación nominal e DNI dos asistentes e dos relatores.

* O 70% en concepto de pagamentos parciais.

* A cantidade restante librarase unha vez finalizada a actividade no momento da súa completa xustificación económica e entrega da súa memoria de actividades (en todo caso antes do 6 de outubro) achegando certificación sobre a percepción ou non percepción doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade subvencionada, para o efecto do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario.

Cuarto.-Nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda das accións que se desenvolven ó abeiro desta orde, así como os lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figurar que estas están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Fondo Social Europeo, ámbalas dúas institucións cos seus respectivos logotipos.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo da comunicación a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

EntidadesImporte

APA do IFP de Foz531.850 ptas.

Confederación de Empresarios de Galicia22.700.000 ptas.

Asociación Pro-emprego Nicraria400.000 ptas.

APA do IFP de Viveiro635.000 ptas.

Asoc. para a Investigación e Desenvolvemento do Ensino e a Formación Profesional247.500 ptas.

Asociación de Empresarios do Val Miñor292.000 ptas.

Asociación Cultural-Deportiva Lobeira331.000 ptas.

APA do IESP de Curtis231.500 ptas.

Asociación de Alumnos Cofisad196.500 ptas.

Asoc. Provincial Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE)284.000 ptas.

Fondo Formación FPE6.030.000 ptas.

Federación de empresarios do Barbanza2.175.000 ptas.

Asociación Mulleres Xoves Area702.000 ptas.

Confederación Prov. de Empresarios de Pontevedra570.000 ptas.

Asoc. Comarcal de Empresarios do Carballiño172.000 ptas.

APA do IFP Laxeiro468.000 ptas.

APA do Colexio San Miguel382.500 ptas.

Asoc. Formativa Rural Cabo Estai348.000 ptas.

Federación de Cooperativas Sinerxia6.510.000 ptas.

APA do IFP de Betanzos225.000 ptas.

Asoc. Cultural Xerfa736.000 ptas.

APA do IPFP Marqués de Suances500.000 ptas.

Asoc. de Empresarios Iniciativas por Fene368.500 ptas.

Asoc. Escola Familiar Agraria Fonteboa184.950 ptas.

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña220.000 ptas.

APA Beiramar do IESP Cruceiro Baleares500.000 ptas.

APA Colexio Mixto Caixa Galicia364.000 ptas.

Concello do Carballiño150.000 ptas.

Centro de Iniciativas para a Mocidade (CIMO)2.720.000 ptas.

Área de Autoemprego do Concello de Allariz197.500 ptas.

Prestadora de Servicios Fervenza321.000 ptas.

APA do IESP de Santa Comba390.000 ptas.

ANEXO II

EntidadesCausa denegación

APA do IESP de CedeiraPor entrar fóra de prazo

Colexio de Delineantes de PontevedraPor entrar fóra de prazo

APA do IES da Pobra do CaramiñalPor entrar fóra de prazo

APA do IFP de ArzúaPor entrar fóra de prazo

Asociación EFA A CancelaPor entrar fóra de prazo

Asociación Xuvenil de VilamarínPor entrar fóra de prazo

5236