Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CÉDULA do 18 de xuño de 1997, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, de notificación da resolución recaída en relación á petición dunha concesión administrativa do concurso DH.A36.1345-(1.298.25), devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

Por medio desta cédula notifícaselle á persoa xurídica cos datos persoais do seu representante e último domicilio social coñecido que se sinala no anexo que, respecto á petición de concesión de aproveitamento hidroeléctrico dun tramo de leito público de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Oitavén ou Xiesta do concurso que se tramita neste organismo autónomo Augas de Galicia coa clave mencionada, presentada no rexistro desta Administración polo seu representante, o seguinte:

O presidente de Augas de Galicia dictou o 29 de maio de 1997 a resolución do cal a parte dispositiva se transcribe a continuación:

«Primeiro.-Declarar desistido a José Mª González Vélez, representante de Saltos de Castilla y León, S.A., da concreta petición con clave Exp. DH.A36.1178 (1/298/14), dunha concesión dun dereito ó uso privativo dun caudal de 3.000 l/s do río Oitavén ou Xiesta no termo municipal da Lama (Pontevedra) para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico de potencia nominal non superior a

5.000 kVA denominado Central de Xiesta, como consecuencia da non presentación dentro do prazo e na forma fixada do preceptivo estudio de efectos ambientais esixido de conformidade coa normativa aplicable.

Segundo.-Autorizar, se é o caso, a cancelación do depósito, logo do requirimento do interesado, constituído polo importe do 1% do orzamento das obras que afectasen o dominio público hidráulico.

Terceiro.-Poñer á disposición do peticionario o proxecto e demais documentación presentada, para que se proceda á súa inmediata retirada no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó día en que esta resolución sexa firme, xa que, no caso contrario, este organismo entenderá a súa falta de interese por ela e destinaraa ós fins que considere máis oportunos.

Cuarto.-Declarar e ordena-la conclusión do expediente DH.A36.1178 (1/298/14) relativo á concreta petición formulada por Saltos de Castilla y León, S.A., a través do seu representante, dunha concesión hidroeléctrica con potencia nominal non superior a 5.000 Kva no río Oitavén ou Xiesta para tódolos efectos que correspondan e o arquivo das actuacións e trámites realizados en relación a este.

Quinto.-Dispoñerlle a notificación do contido desta resolución ó peticionario con expresión dos recursos que legalmente procedan».

Resolución que lle notifico, por orde do presidente de Augas de Galicia e en cumprimento do artigo 58.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicándolle que contra esta, que esgota a vía administrativa -como dispón a Lei 8/1993, do 23 de xuño, de Galicia- e que é inmediatamente executiva, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, e isto sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que coide procedente.

Ó mesmo tempo, recórdolle que debe comunicarlle previamente a este ente autónomo autor do acto a mencionada interposición, de acordo co artigo 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para que conste e lle sirva de notificación ó dito interesado, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 18 de xuño de 1997.

Agustín Hdez. Fdez. de Rojas

Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico Augas de Galicia

ANEXO

-Nº de expediente: DH.A36.1345 (1.298.25).

Interesado: Saltos de Castilla y León, S.A. (SACAL).

Representante: José Mª González Vélez con DNI 1356775.

Enderezo social: r/ Dos de Mayo, 8-7ºA, 47004 Valladolid.

5217