Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 18 de xuño de 1997, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión definitiva de predios da zona de concentración parcelaria da zona de San Cosme de Beigondo (Santiso-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Cosme de Beigondo (Santiso-A Coruña) e resoltos tódolos recursos presentados contra o Acordo, a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión definitiva dos novos predios. A meritada toma de posesión e obrigatoria para tódolos interesados e enténdese, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Os interesados poderán reclamar perante esta xefatura (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 15008-A Coruña) acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, dentro dos trinta días seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os oportunos efectos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de ser retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recollida no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre aportante e adxudicatario; no caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega dentro dos catro meses seguintes ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo da petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais, do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 18 de xuño de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural

5216