Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal e Vexetal da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal e Vexetal da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: cinco millóns novecentas dez mil pesetas (5.910.000 ptas.).

Lote A: un (1) vehículo: 1.770.000 ptas. (1.700.000 ptas. en metálico; 70.000 ptas. en bens taxados).

Lote B: un (1) vehículo: 2.070.000 ptas. (2.000.000 ptas. en metálico; 70.000 ptas. en bens taxados).

Lote C: un (1) vehículo: 2.070.000 ptas. (2.000.000 ptas. en metálico; 70.000 ptas. en bens taxados).

A forma de licitación será por lotes.

Fianza provisional:

Lote A: trinta e cinco mil catrocentas pesetas (35.400 ptas.).

Lote B: corenta e unha mil catrocentas pesetas (41.400 ptas.).

Lote C: corenta e unha mil catrocentas pesetas (41.400 ptas.).

Fianza definitiva:

Lote A: setenta mil oitocentas pesetas (70.800 ptas.).

Lote B: oitenta e duas mil oitocentas pesetas (82.800 ptas.).

Lote C: oitenta e duas mil oitocentas pesetas (82.800 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 7 de agosto de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 13 de agosto de 1997, na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

5256