Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do procedemento sancionador de incendios 029I/97 e 116I/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12-1968), e mais do seu Regulamento, con data do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade

Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación destas notificacións, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados propostas de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralles fin ós expedientes. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 27 de maio de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación

Regulamento incendios

ExpedientesDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

029I/97Tarrío Moldes, Antonio

76.519.408

Feal-Abeancos

Melide-A Coruña

Acumular lixo en zonas forestais, sen autorización137.EGrave50.000 ptas.
116I/97Remeseiro Rivas, Silvia

44.075.080

Rúa das Fontiñas, 4 baixo

Santiago de Compostela

A Coruña

Queimar sen autorización e acampar en zonas forestais prohibidas137.B e

136.H

Grave15.000 ptas.

5237