Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial, calendario laboral e táboa de axudas de custo do convenio colectivo do sector de derivados do cemento para 1997.

Visto o texto da acta de asinamento das táboas salariais, calendario laboral e táboa de axudas de custo para o ano 1997 do convenio colectivo provincial do sector de derivados do cemento que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-6-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Fabricantes de Derivados do Cemento da Coruña e da parte social por CC.OO. e UXT o día 2-6-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto

2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xuño de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta de asinamento de táboas salariais, calendario e táboas de axudas de custo para 1997 do convenio colectivo provincial do sector de derivados do cemento

Na Coruña, e nos locais de CC.OO., ás 17 horas do día 2 de xuño de 1997, reúnense os relacionados a seguir, todos eles membros da mesa do convenio colectivo provincial, segundo as seguintes e respectivas representacións:

Por CC.OO.: José Souto Díaz, Juan María García Blanco, Santiago Huertas Pozurama.

Por UGT: Jesús María Calvo Romero, José María Castro Rey, Luis Castro Vázquez e Celestino Pérez Vázquez.

Pola parte empresarial: Laureano Pérez Expósito, Francisco García Carrillo, Luis Neira Pérez e, como asesor, Manuel Vigo Giraldo.

Para trata-lo seguinte e único punto da orde do día: asinamento de táboas salariais, calendario laboral e táboa de axudas de custo do convenio colectivo provincial do sector de derivados de cementos para 1997.

Procédese, en primeiro termo, a realizar unha comprobación das táboas e o calendario para o ano 1997 e, unha vez comprobadas e atopándose correctas e conformes, procédese ó seu asinamento por parte

de tódolos comparecentes, para a súa posterior remisión á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para o seu rexistro e publicación.

Tense por reproducido no seu contido íntegro literal o texto do convenio colectivo de 1996, que terá efectos e vixencia, salvo no referente a táboas e calendario anteriormente citados, desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997.

Os comparecentes acordan fixar como data límite para a liquidación das diferencias de atrasos correspondentes á actualización de táboas para 1996, tres meses despois da súa publicación no BOP ou DOG, e 1997 ata o 30 de novembro de 1997.

Acórdase, así mesmo, que as empresas que desexen facer uso do previsto no artigo 28 -distribución da xornada- do convenio colectivo provincial, poderán cubri-los seus calendarios ata o termo dos 15 días naturais inmediatos seguintes ó da data de publicación das presentes táboas e calendario.

Facúltase o representante da patronal Vigo Giraldo para que cubra e presente perante a autoridade laboral, para o seu rexistro e publicación, as táboas e calendarios subscritos e correspondentes ó convenio para 1997.

E, non habendo máis asuntos que tratar, dáse por concluída a reunión, ás 19 horas.

ANEXO III

Táboa de valores para a axuda de custo e media axuda de custo 1997

-Axuda de custo: 3.000 ptas.

-Media axuda de custo: 1.200 ptas.

Se excepcionalmente os importes fixados para a axuda de custo e media axuda de custo non chegasen a cubri-las atencións para as que están previstas, as empresas concordan en aboarlle ó traballador a diferencia, sempre que se presenten os xustificantes correspondentes.

5109