Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria da ebanistería e afíns de Lugo, para a corrección de erros.

Visto o texto do acordo asinado o día 16 de maio de l997 , pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector da industria de ebanistería e afíns de Lugo (código 2700245), integrada polas

representacións da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e USO, mediante o que se acorda a corrección de erros nas táboas salariais do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no Rexistro de Convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de maio de l997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes.

-Pola Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo.

* Ángel Hermida Seivane.

* Ángel Hermida Lage.

* Julio Moure López.

* Gonzalo Expósito Choren.

-Polas centrais sindicais.

** UGT (31,6%).

* Adolfo Mosteirín Turia.

* Luis Castro Varela.

* Jesús Darriba Burgo.

* Alfonso García Capón.

** CC.OO. (21,1%).

* José Miguel Mendoza Sánchez.

* Antonio Fernández Corredora.

* Jesús Varela Lodeiro.

* Ángel Barreiro Pérez.

** USO (2,6%).

Manuel Expósito López.

ACTA

En Lugo, ás 12.30 horas do día 16 de maio de 1997, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (Praza de San Domingo, 6-8, 2º) as persoas á marxe relacionadas, integrantes

todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo provincial para a industria de ebanistería e afíns de Lugo e,

EXPOÑEN:

I. Que, con data do 22 de abril de 1997, se constituiu a comisión negociadora do convenio colectivo provincial para a industria de ebanistería e afíns de Lugo e proceden na mesma data á aprobación e asinamento do texto e táboas do convenio do ano 1997.

II. Que se detectou un erro nas táboas aprobadas e asinadas do convenio colectivo provincial para a industria de ebanistería e afíns de Lugo do ano 1997, en concreto na compensación antigüidade (mes) e polo tanto tamén na compensación antigüidade (ano),

polo que, por medio da presente se formen os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Proceder á corrección do erro detectado e proceder ó asinamento da táboa de salarios do convenio colectivo provincial para a industria de ebanistería e afíns de Lugo do ano 1997 xa corrixido.

Segundo.-Remitirlle a presente acta, así como a táboa de salarios corrixida, á autoridade laboral competente para os oportunos efectos legais.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión á que corresponde a presente acta, que os asistentes asinan en proba de conformidade, no lugar e data indicados no encabezamento.

Táboa de salarios do convenio de ebanistería de Lugo

Vixencia desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categoría profesionalSalario díaCompensación

antigüidade (ano)

Compeansación

antigüidade (mes)

Quinquenio

consolidado

Salario anual

Encargado e similares 3.96225.8301.84578.2151.709.680
Oficial 1ª Conduc. e Asimil. 3.95025.7601.84077.9871.704.510
Oficial 2ª Conduc. e Asimil. 3.82524.9341.78175.5071.6650.559
Peón, axudante e Asimil. 3.74324.4021.74373.8921.615.177
Aprendiz 17 anos 2.37315.4701.10546.8421.023.995
Aprendiz 16 anos 2.11913.818 98741.837 914.393

Categoría profesionalSalario mes

Xefe oficina e proxectista119.54125.6761.83477.7411.699.250
Oficial 1ª Admin. e xefe taller118.42925.4241.81677.0181.683.430
Oficial 2ª Admin. e xefe taller115.12024.7241.76674.8661.636.404
Auxiliar administrativo112.92224.2621.73373.4371.605.170
Aprendiz maior 18 anos111.55723.9541.71172.5491.585.752

4840