Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 197/1997).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica aéreo-subterránea a 20 kV

de dobre circuíto de 138 metros de lonxitude baixo tubo e de 2.131 metros de lonxitude en tendido aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con orixe na subestación de Sada e remate na liña San Marcos-Arillo e liña ó centro de transformación de Consistorio, nos termos municipais de Sada e Oleiros (expediente 197/1994), e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica por Decreto 114/1997, do 24 de abril (Diario Oficial de Galicia do 16-5-1997), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñan na relación que se publicou no DOG con data do 21-12-1995, que se expón actualizada no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Oleiros, ós que se lles practicará notificación para o efecto que, de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración acompañado dun perito se constituirán o día 6 de agosto de 1997, a partir das 10.30 horas nos predios números 5 a 16/1, a partir das 11.30 horas nos predios números 19 a 25, e a partir das 12.30 horas nos predios números 26 a 33, para toma de datos e levantar a continuación, nas oficinas da citada Casa do Concello, as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidumes, e farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados, de conformidade co artigo 56 do Regulamento da Lei do 26 de abril de 1957, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito perante esta delegación ata e naquel momento as alegacións só para os efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 3 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4928