Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 14 de febreiro de 1996, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de áridos do aproveitamento de recursos da sección A) da Lei de minas 22/1973 denominado Mavisa.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 14 de febreiro de 1996, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de áridos da autorización para recursos da sección A) da Lei de minas, denominado Mavisa, sita en terreos do termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, promovido por Maderas Villagarcía, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio de 21.500 m, sito nas Viñas, parroquia de Rubiáns, do termo municipal de Vilagarcía de Arousa, e encóntrase á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 28 de maio de 1997

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4902