Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, dos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8, do 11 de xaneiro de 1996), polo que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 1 de xullo de 1997 polos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 81, do 11 de xaneiro de 1996), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, acordouse:

1º Elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso, unha vez resoltas as reclamacións presentadas polos interesados.

2º Publica-las ditas puntuacións que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1997.

Pablo Figueroa DorregoDomingo Bello Janeiro

Presidente do Tribunal Presidente do Tribunal

número 1 número 2

5274