Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de xuño de 1997 pola que se establece a comisión de selección e se convoca a realización da entrevista prevista no artigo 4 da orde desta consellería, do 13 de maio de 1997, pola que se convocou proceso de selección para o nomeamento de recadadores.

Rematado o prazo de presentación de instancias establecido no artigo 3º da Orde do 13 de maio de 1997 (DOG nº 101, do 28 de maio), pola que se convoca proceso de selección para o nomeamento de recadadores, cómpre proceder á realización das actuacións establecidas no artigo 4º da dita orde.

Para tal efecto, facendo uso da autorización contida na disposición adicional do Decreto 90/1997, do 10 de abril,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As tarefas de selección establecidas no artigo 4º da orde desta consellería do 13 de maio de 1997 (DOG nº 101, do 28 de maio), pola que se convoca proceso de selección para o nomeamento de recadadores, serán realizadas por unha comisión que estará composta por:

-Secretario xeral e do Patrimonio.

-Directora xeral de Tributos.

-Un delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda.

-O xefe do Servicio Central de Recadación que actuará como secretario da comisión.

A dita comisión axustarase no seu funcionamento e actuacións ó disposto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e rematarán as súas tarefas coa elevación ó conselleiro e Economía e Facenda da correspondente proposta de selección a favor dos aspirantes que obteñan as maiores puntuacións en cada zona de recadación.

Artigo 2º

Convócanse os participantes no referido proceso selectivo, que a continuación se indican, á realización da entrevista que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo San Caetano, bloque 3. Santiago de Compostela), nas datas e horas que para cada un deles se sinalan:

Apelidos e nome DataHora

Guimaraens Benedetti Fernando3-7-199710

Luna Sánchez Álamo Pedro3-7-199712

Llamas Llamas Juan Bautista3-7-199713

Rey Lama José Miguel4-7-199710

Sánchez García Francisco Javier4-7-199711

Vázquez Fermoso Roberto4-7-199712

Villalva Montero Nazario4-7-199713

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5023