Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/93-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eurovento, S.A.

Enderezo social: Galeras, 17, piso 3, oficina 4, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: interconexión parques eólicos Paxareiras I e II-A.

Situación: Mazaricos-Muros e Carnota.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, en dobre circuíto, sobre apoios metálicos e con conductor LA-280, de 4.844 m con orixe na futura subestación Paxareiras I e final no apoio nº 79 da liña Pontella-Tambre de Unión Fenosa. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 30 kV, con illamento previsto para 66 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-280, de 2.554 m con orixe na subestación Paxareiras I e final na subestación Paxareiras II, ambas para instalar. Muros-Mazaricos-Carnota.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no przo de trinta días.

A Coruña, 15 de maio de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4693