Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Xistral para os efectos de presentación de solicitudes en competencias. (Expediente 009-EOL).

De conformidad co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Xistral coas seguintes características:

Peticionario: Made Energías Renovables, S.A.

Avda. de Burgos, 8-B, planta, 18.

28036, Madrid.

Situación: concellos de Abadín, Muras e O Valadouro (Lugo).

Situación (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.614.000, 4.816.000); V(0.616.300, 4.815.200)

V(0.613.300, 4.815.843,75); V(0.617.800, 4.813.500)

V(0.615.000, 4.812.953,66)

Superficie afectada: 637 ha.

Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 39.

Potencia nominal unitaria: 600 kW.

Potencia total instalada: 23,4 MW.

Altura de torres: 41 metros.

Diámetros de pas: 41 metros.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia duran-

te o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 11 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4865