Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a empresa Norcontrol, S.A., a actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude, presentada por Pedro Fernández Fernández, en calidade de conselleiro delegado de Norcontrol, S.A., CIF A-15044357, con domicilio social na estrada nacional VI, Km 582,15168 Sada (A Coruña), solicitando autoriza

ción para actuar como organismo de control, esta Dirección Xeral de Industria, ten en consideración os seguintes feitos,

Primeiro.-Norcontrol, S.A. foi acreditada por ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, con data do 17 de abril de 1997, como organismo de inspección tipo A, segundo os criterios recollidos na norma UNE EN 45004-95, para as actividades de inspección nos ámbitos regulamentarios de instalacións e aparellos a presión, instalacións eléctricas, instalacións de almacenamento de productos químicos, vehículos e contedores, instalacións e aparellos para combustibles gasosos, construcción de máquinas con risco, elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención e instalacións frigoríficas, tal e como consta no certificado de acreditación nº 04/EI/006/97, por un período de vixencia de catro anos.

Segundo.-Con data do 30 de abril de 1997, Pedro Fernández Fernández, en nome e representación de Norcontrol, S.A., presentou escrito por medio do que solicitaba, ó abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestructura de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios de instalacións e aparellos a presión, instalacións eléctricas, instalacións de almacenamento de productos químicos, vehículos e contedores, instalacións e aparellos para combustibles gasosos, construcción de máquinas con risco, elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención, instalacións frigoríficas, instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, instalacións contra incendios e realización de ensaios non destructivos.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 43.3º do citado Real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primero.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente conforme o Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos R.D. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 57, do 21 de marzo), modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio (DOG nº 86, do 7 de maio) e 292/1995, do 3 de novembro (DOG nº 219, do 15 de novembro), en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria (BOE do 23 de xullo de 1992) e o Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial e a demais lexislación

concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Norcontrol, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias xerais establecidas no artigo 43.3º do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados, excepto nos de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, instalacións contra incendios e realización de ensaios non destructivos, nos que non foi acreditada.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle á empresa Norcontrol, S.A., para actuar como organismo de control para as actividades de inspección comprendidas nos ámbitos regulamentarios seguintes:

1. Instalacións e aparellos a presión.

2. Instalacións eléctricas.

3. Instalacións de almacenamento de productos químicos.

4. Vehículos e contenedores.

5. Instalacións e aparellos para combustibles gasosos.

6. Construcción de máquinas con risco.

7. Elementos e instalacións de aparatos de elevación e manutención.

8. Instalacións frigoríficas.

Segundo.-Esta autorización ten un período de vixencia ata o 17 de abril do ano 2001, podendo ser suspendida ou revogada ademais de nos casos considerados na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC.

Terceiro.-Norcontrol, S.A., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo en todo caso, notificarlle á Administración competente da Comunidade Autónoma, distinta da que o autorizou, o inicio da súa actividade.

Cuarto.-Esta autorización queda supeditada ó seguinte condicionado:

a) Comunicarlle á Delegación Provincial de Industria da Coruña, os datos actualizados para a súa inscrición ou modificación no Rexistro de Establecementos Industriais, establecido pola Lei de industria e regulado polo Real decreto 697/1995, do 28 de abril.

b) Comunicarlle á Dirección Xeral de Industria, ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, acompañando, se é o caso, o informe

ou certificado da entidade de acreditación ENAC.

c) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

d) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que no seu día poida establece-la Consellería de Industria e Comercio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5150