Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente 97/6-1).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Gali

cia, sométese a información pública a solicitude da empresa Energías Ambientales, S.A., con enderezo en r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10, 1º Esqda. (A Coruña) para autorización administrativa do parque eólico Monte da Serra, e conforme os seguintes datos:

-Municipios afectados: As Somozas.

-Superficie afectada de 397 ha, e coordenadas V1 (0.588.000 W, 4.821.800 N), V2 (0.589.250 W, 4.820.840 N), V3 (0.589.010 W, 4.820.490 N), V4 (0.590.180 W, 4.819.640 N), V5 (0.589.970 W, 4.818.460 N) e V6 (0.587.000 W, 4.821.000 N).

Potencia que se vai instalar: 10 MW.

Durante o prazo de vinte días poderán presentarse solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071-A Coruña.

A Coruña, 29 de abril de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provicial da Coruña

...