Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/33-2-4700 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Hidro-Eléctrica de José Matanza García.

Enderezo social: Casares-Carballedo, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. As Picotas.

Situación: Carballedo.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30, cunha lonxitude de 478 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000/398-230 V±5%. Rede de baixa tensión en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x25 Al, para mellora do servicio eléctrico nas Picotas, concello de Carballedo.

Orzamento: 4.670.514 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 12 de maio de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4802