Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do polígono residencial de Esteiro-Ferrol.

Examinado o expediente 115A-97/3 relativo ó proxecto de expropiación forzosa para a execución do polígono residencial de Esteiro-Ferrol, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, con data do 28 de maio de 1997 e a Orde de 27 de setembro de 1995, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 194, do 9 de outubro de 1995),

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do polígono residencial de Esteiro-Ferrol, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7, e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito perante esta delegación provincial a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndoos de que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica-lo presente acordo no DOG así coma os seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación xunto coa superficie, valoración e propietario.

* Polígono residencial de Esteiro

Predio

Propietario

Superficie

m

Prezo xusto

(Ptas.)

A-1Hros. Antonio Porto Carrera

r/ Real, 1- 4º Ferrol

8276.516.967
A-2Guillermina Sansegundo Rodríguez

r/ Pintor Pérez Villamil 11-13

4º Esqda. Ferrol

9677.620.202
B-1Descoñecido3202.521.680
B-2Descoñecido2852.245.871
B-3Hermanos Pereira Villares

Avda. del Mar 25- 5º Dta.

Ferrol

6785.342.810
B-4Rosa e Purificación Mayobre Seoane

r/ Uruguay, 23- 25 1º Esqda.

Ferrol

4413.660.348
B-5Rosa e Purificación Mayobre Seoane

r/ Uruguay, 23- 25, 1º Esqda.

Ferrol

1501.182.037
B-6Herd. Jesús González Pego

e Josefa Pérez Máquez

r/ Mercado, 4- 4º

Ferrol

7656.028.391
B-7Juan Pico González

r/ Uruguay, 23- 25, 1º Esqda.

Ferrol

1881.481.487
B-8Herd. Valentina Olivares González

r/ Iglesia, 38- 2º

Ferrol

4.08032.151.420
B-9Herd. Daniel Prieto Pereira e Mª López Díaz

r/ Río Castro, 8- 10, 3º Dta.

e r/ Sartaña, 26- 28, 3º Esqda.

Ferrol

5704.491.742
B-10Josefina e Mª del Carmen Bernardo Peteiro

r/ Exército Español, 7

Ferrol

2.73621.560.364
B-11Herds. Nicolás Badía

r/ Santiago, 1- 6º Esqda.

A Coruña

3.99531.481.598
B-12Santiago Pérez Arda

r/ Juana de Vega

A Coruña

1.98515.642.296

Predio

Precarista

Superficie

m

Prezo xusto

(Ptas.)

B-3Segundo Bujía Fernández

r/ Betanzos nº 5- 12 Esqda.

Ferrol

678241.762
B-8Agustín Fernández Mahía e

Mª del Mar Cabado Martínez

r/ 6 nº 16

Ferrol

20058.101
B-8Jesús Rodríguez Alvarez e

Dolores López Franco

r/ Cádiz, 17- Ptal.9-2º

Ferrol

1.750301.956
B-8José Valle Vázquez e

Mª de los Angeles Suárez Vázquez

r/ Sánchez Calviño, 62- 5º E

Ferrol

1.400430.126
B-11Segundo Bujía Fernández

r/ Betanzos nº 5- 12 Esqda.

Ferrol

570165.588
B-11José Rey Soto

r/ Betanzos nº 5- 12 Esqda.

Ferrol

570204.588

Así mesmo, a publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa cabe interpoñer recurso contencioso- administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110 punto 3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 2 de xuño de 1997

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

97-4815