Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1997 pola que se declara deserto o concurso para a realización dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993 e con base na proposta formulada pola mesa de contratación do concurso,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 75.3º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

O que se notifica en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, do 26 de novembro de 1992. Advertíndose que esta resolución, en canto que pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

5241