Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.386

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a María Cruz Iglesias Martínez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto), para a provisión da prazo número 96/049 de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de María Cruz Iglesias Martínez, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Cruz Iglesias Martínez, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 17 de xuño de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

5219